Florencio López Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florencio López Fernández
Nacemento1914
Lugar de nacementoPin
Falecemento1986
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónviolinista
editar datos en Wikidata ]

Florencio López Fernández, tamén coñecido como o cego dos Vilares, nado en Pin (Bruicedo, A Fonsagrada) en 1914 e finado en 1986, foi un coñecido violinista e intérprete galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Invidente desde cativo por causa da varíola foi un dos derradeiros músicos cegos, habituais nas feiras e romarías galegas, dos que se ten noticia. Foi moi coñecido por toda Galiza e Asturias, especialmente na zona da Fonsagrada, Baleira e Ribeira de Piquín. Algunhas das súas pezas foron recollidas no Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

En 1981 gravacións súas apareceron no disco Recolleita vol.1,[1] unha proxectada serie de recollas coordinada por Pablo Quintana para o selo discográfico Ruada. Tamén Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), incluíron as súas pezas no repertorio de Fuxan os Ventos e A Quenlla. Unha parte das entrevistas e gravacións que Mini e Mero realizaron con el, figuran nos discos Cantos Coplas e Romances de Cego 1[2] e 2[3].

A musicóloga e violinista África Domínguez, analizou o seu cancioneiro nun traballo de fin de Grao para a Universidade de Valladolid.[4]

En 2015, o centro de música popular aCentral Folque, publicou un libro-disco sobre a súa figura titulado: Florencio, cego dos Vilares.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eva Castiñeira - Florencio - Recolleita Vol. I" (en castelán). Consultado o 2023-02-07. 
  2. "Cantos Coplas e Romances de Cego Nº1". www.ophiusa.com. Consultado o 2023-02-08. 
  3. "Cantos Coplas e Romances de Cego Nº2". www.ophiusa.com. Consultado o 2023-02-08. 
  4. Domínguez Díez, África (2016). "El ciego coplero violinista en Galicia y su revival a través del repertorio de Florencio dos Vilares (1914-1986)" (en castelán). 
  5. "Florencio dos Vilares". Folque. 2017-05-31. Consultado o 2023-02-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]