Flor do mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flor do mundo
Lámina de Sturm sobre Viburnum opulus
Lámina de Sturm sobre Viburnum opulus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Dipsacales
Familia: Adoxaceae
Xénero: 'Viburnum'
Especie: ''V. opulus''
Nome binomial
''Viburnum opulus''
L.

A flor do mundo ou bóla de neve[1] (non conundir co fungo homónimo Agaricus arvensis) Viburnum opulus é unha especie de arbusto pertencente ao xénero dos viburnos, á familia Adoxaceae. Úsase en Galiza coma planta ornamental de xardinaxe.

Flores.
Froitos.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto caducifolio que acada os 4-5 m de altura. As follas son opostas, trilobuladas de 5-10 cm de lonxitude e largo, con base arredondada e marxes serrados. As flores son hermafroditas de cor branca producidas en corimbos de 4-11 cm de diámetro no cimo dos talos. O froito é unha drupa globosa de 7-10 mm de diámetro contendo unha soa semente. As sementes son comidas polos paxaros que as esparexan.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É nativa de Europa e Asia. Algúns botanistas relaciónana coa especie americana Viburnum trilobum coma unha variedade dela coma Viburnum opulus var. americanum Aiton, ou coma subespecie , Viburnum opulus subsp. trilobum (Marshall) R.T.Clausen.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Utilízase coma menciña tradicional coma tónico cardíaco. A casca emprégase na medicina herborista. Emprégase a xeito de extracto fluído, tintura concentrada e elixir composto, para uso coma un sedante nervioso e antiespasmódico na asma e a histeria.[2]

Principios activos[editar | editar a fonte]

Contén glicósidos, derivados da salixenina, coma salicina, semellantes aos atopados nos xéneros Salix e Populus; ácido oxálico, ácido cítrico, ácido málico, ácido valeriánico e ácido salicílico; cumarinas coma escopoletol e esculetol; aceite esencial, salicina ou salicósido, amidón, pentosanos e taninos.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Viburnum opulus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 268. 1753. [4]

Etimoloxía

Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante".[5]

opulus: epíteto latino

Variedades
sinonimia

Ao longo da historia apareceron varios nomes sinónimos:[6]

  • Opulus vulgaris Borkh. in Roem. [1797, Arch. Bot. (Leipzig), 1 (2) : 20] [nom. illeg.]
  • Opulus rosea Schur [1866, Enum. Pl. Transsilv., 941 (in index, non in textu)]
  • Opulus lobatofolia Gilib. [1792, Exercit. Phytol., 1 : 4] [nom. invalid.]
  • Viburnum lobatum Lam. [1779, Fl. Fr., 3 : 363] [nom. illeg.]
  • Viburnum glandulosum Salisb. [1796, Prodr. : 172] [nom. illeg.]
  • Opulus palustris Gray [1821, Nat. Arr. Brit. Pl., 2 : 489] [nom. illeg.]
  • Opulus glandulosus Moench

Cultivares[editar | editar a fonte]

Cultívase coma unha planta ornamental polos seus froitos e frutos. Os froitos son comestíbeis en pequenas cantidades, tendo un gusto acedo e pode utilizarse para facer marmeladas, porén, se se come en grandes cantidades pode causar vómitos e diarreas.

Significado cultural[editar | editar a fonte]

A flor do mundo é o símbolo nacional de Ucraína onde se coñece coma kalyna. Pódense atopar referencias a este arbusto no folclore ucraíno, nas súas cantigas, na súa arte pictoresca, nos seus bordados, etc. Chervona Kalyna foi o himno do Exército Insurxente Ucraíno.

Esas raíces simbólicas remontan ao paganismo eslavo de hai varios milenios. De acordo cunha lenda, a Kalyna estaba asociada ao nacemento do Universo, á Trindade do Fogo: o sol, a lúa, e as estrelas.[7][8] Os seus froitos simbolizan o sangue e a perennidade dos lazos familiares. A Kalyna é frecuentemente retratada no bordado ucraíno en rushnyky (toallas) e camisas. No paganismo eslavo a Kalyna tamén representa a beleza dunha rapariga, que rima ben en ucraíno: Ka-ly-na - Div-chy-na.[9][10].

Nome común[editar | editar a fonte]

A Real Academia Galega non recolle nome algún para a especie, sendo as únicas referencies de nomes galegos as de E. Losada, J. Castro e E. Niño, na súa obra de 1992: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega; baseándose nos primeiros nomes dados por Marcial Valladares Núñez no seu Diccionario gallego-castellano de 1884 onde denomina a planta de: frol d'o mundo; e da obra de Xoán Cuveiro Piñol de 1876: Diccionario Gallego, onde a denomina: bolas de neve[11]. Tamén se lle chama 'rosa de Gueldres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos preferidos en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992), Xunta de Galicia
  2. (en inglés) Viburnum opulus en Botanical
  3. Dr. Berdonces I Serra. "Viburnum opulus". Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales. pp. 960.
  4. "Flor do mundo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/6000037. Consultado o 27 de xuño de 2013.
  5. En Nombres Botánicos
  6. "Viburnum opulus". Tela Botánica. http://www.tela-botanica.org/eflore/BDNFF/4.02/nn/71459/synonymie. Consultado o 7 de outubro de 2009.
  7. Lady of Prykarpattia Modelo:Uk icon
  8. Ukrainian embroidery Modelo:Uk icon
  9. Doctor Bozhko, Agrarian Sciences. Tress in culture by folk. Modelo:Uk icon
  10. Doctor Kuzmenko, Philological Sciences. The symbolics of guilder rose in Ukrainian songs of the 20th century national liberating movements. Modelo:En icon/Modelo:Uk icon
  11. En Dicionario de Dicionarios da USC - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Viburnum&tipo_busca=cientifico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Flor do mundo
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Flor do mundo

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blamey, M. & Grey-Wilson, C. (1989). Flora of Britain and Northern Europe. Hodder & Stoughton.
  • Huxley, A., ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. Macmillan.