Florín de Aruba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Florín arubeño")
Florín de Aruba
Arubaanse florijn en neerlandés
Código: AWG
Ámbito: Aruba
Símbolo: ƒ, Afl.
Fracción: 100 cents
Moedas: 5, 10, 25, 50 Cents
1, 2½, 5 AWG
Billetes: 10, 25, 50, 100, 500 AWG
Emisor: Banco Central de Aruba
Taxa de troco:
14-09-2009
1 EUR = 2,6173 AWG
1 USD = 1,79 AWG
Troco actual

O florín de Aruba (arubaanse florijn en neerlandés; tamén chamada florin en inglés e papiamento, as dúas linguas máis utilizadas en Aruba, e non o neerlandés, aínda que sexa tamén oficial e mantén o termo gulden, pouco utilizado e que non aparece en moedas e billetes) é a moeda oficial de Aruba. O seu código ISO 4217 é AWG. Divídese en 100 cents.

Introduciuse en 1986, substituíndo ao florín das Antillas Neerlandesas, ao mesmo tempo que se creaba o Banco Central de Aruba, no novo Estado autónomo dentro da coroa neerlandesa, con paridade coa aquela moeda.

Valor[editar | editar a fonte]

Bandeira de Aruba

Como o florín das Antillas Neerlandesas, está ligado ao dólar estadounidense coa taxa nominal de 1 USD por 1,79 AWG. Porén, as compravendas de divisas teñen custos de transacción sometidos á competencia dos mercados, e o Banco Central de Aruba emite e vende as moedas e billetes a un prezo lixeiramente superior ao da súa taxa nominal (estes custos non se aplican nas transaccións financeiras non materiais).

Por isto, os trocos medios reais nos mercados poden variar algo en función das cantidades de divisas e de liquidez dispoñíbeis, ou das limitacións ligadas ao control dos trocos. O troco do florín de Aruba permaceceu moi estábel desde a súa introdución en 1986, e o troco nominal, ligando a divisa ao dólar estadounidense, non variou despois (aínda que non o seu troco en relación ao euro ou, antes, ao florín neerlandés, que variaron moito).

Moedas e billetes[editar | editar a fonte]

Existen des billetes de 10, 25, 50, 100 e 500 floríns. Os billetes de 5 floríns foron emitidos a partir de 1986 (daquela, cunha serie provisional de billetes: a serie de 1990 substituíu a todas as precedentes que se manteñen, sen embargo, de curso legal), pero a produción destes billetes de baixo valor cesou en 1995. O billete de 500 floríns introduciuse en 1993.

As moedas teñen un valor facial de 5, 10, 25 e 50 cents, e de 1 e 2½ floríns. As moedas de 5 floríns emitíronse a partir de 1995, substituíndo aos billetes. As moedas de 50 cent, e as de 5 floríns, de antes de 2005, eran cadradas [1] e, como nas Antillas Neerlandesas, a peza de 50 cents chámase aínda hoxe yotin (da palabra francesa guillotine —guillotina— en alusión ao corte dunha antiga peza de Curaçao).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]