Flavio Ardabur Aspar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Flavius Ardabur Aspar, nado cara o 400 e finado no 471, foi un patricio alano e magister militum ("Xefe de soldados") do Imperio Romano de Oriente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén magister Ardaburio[1], Aspar desempeñou un papel crucial na expedición de seu pai en 424 para vencer o usurpador de occidente, Xoán de Rávena, e instalar a Gala Placidia e ao seu fillo, Valentiniano III, no seu lugar. Tamén axudou a negociar un tratado de paz con Xeiserico tras a invasión vándala de África.

Aspar obtivo o consulado en 434 tras as súas campañas en África.[2] Con todo, Aspar non puido converterse en emperador pola súa relixión ariana. No canto diso, desempeñou o papel de facedor de reis co seu subordinado, Marciano, quen se fixo emperador polo seu matrimonio con Pulqueria, irmá de Teodosio II. Con todo, o sucesor de Marciano León I finalmente volveuse contra del. En 471 Aspar foi asasinado xunto co seu fillo Ardabur nun asalto feito por eunucos de palacio. Isto pasou porque Ardabur tentou subornar os soldados de León, os excubitores isaurios, sen éxito ningún, e León veu a pai e fillo con ollos de sospeita.

Aspar foi o mestre de Teodorico o Grande, que despois se converteu en rei dos ostrogodos. Aspar tivo outro fillo, Ermanarico, coa filla de Teodorico Estrabón.[3] A muller de Aspar era unha ostrogoda, de modo que o rei ostrogodo Teodorico era o seu sobriño.[2] Aínda hai en Estambul unha cisterna que lle é atribuída.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Williams, p. 45.
  2. 2,0 2,1 Bunson, 38.
  3. Wolfram, p. 32.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bunson, Matthew (1994). Encyclopedia of the Roman Empire. New York: Facts on File Inc.
  • Williams, Stephen, and Gerard Friell, The Rome That Did Not Fall, Routledge, 1999, ISBN 0415154030.
  • Wolfram, Herwig, History of the Goths, trans. Thomas J. Dunlap. University of California Press, 1988, ISBN 0520069838.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]