Flat Earth Society
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A Flat Earth Society ou Sociedade da Terra Plana é unha organización orixinaria de Inglaterra, aínda que posteriormente establecida en Lancaster (California), que defende a crenza de que a Terra non é esférica, senón plana. Posto que ningún científico nin grupo relixioso actuais expresaron o seu apoio a esta crenza, a sociedade converteuse popularmente nun referente á hora de referirse ao pensamento dogmático e a adherencia irracional ás tradicións.