Flanger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de flanger. Unha mostra pequena seguida de duas versions con flanger.

Flanger é un efecto de son que se produce cando dous sinais idénticos son mesturados, un de eles con retardo, polo xeral inferior os 20 milisegundos, isto produce un varrido efecto de filtro de peite.

Características[editar | editar a fonte]

Este efecto ten a súa orixe nas gravacións magnetofónicas en cinta aberta. Consiste en mesturar o sinal orixinal con unha copia retardada no tempo, ca particularidade de que o retardo é moi breve pero varia de forma periódica.

Os controis mais comúns nos aparatos de procesado de flanger son:

  • Retraso: é o desfase máximo da onda duplicada respecto da orixinal.
  • Frecuencia: é a frecuencia de oscilación do desfase da onda duplicada.
  • Profundidade: é a cantidade de onda orixinal que se mezcla.

O flanger, debido ao seu son tan característico é denominado como o efecto de “avión a reacción” a característica do seu son aínda é máis evidente se se aplica a un ruído branco.

Aínda que a orixe do flanger está nas gravacións magnetofónicas en cinta aberta, na década dos 70 os avances tecnolóxicos fixeron posible crear o efecto flanger nun estado sólido chamado pedal, utilizando a tecnoloxía de circuíto integrado. Estes dispositivos divídense en dúas categorías: analóxica e dixital.

O pedal de flanger máis coñecido é o Electro Harmonix Mistress xunto co BOSS Flanger BF-3. O efecto flanger na maioría dos casos é un efecto dixital e se basean na tecnoloxía DSP.

Este é un dos efectos máis utilizados na actualidade tanto en guitarras coma en baixos eléctricos e incluso en voces de feito segundo o historiador Mark Lewisohn foi Lennon que lle puxo nome a este efecto durante unha gravación, na que este comezou a chamar o proceso ADT como flanger, para pedirlle así George Martin (produtor de The Beatles) que dobrara a voz dunha canción e así evitar ter que volver a gravar outra voz por baixo. The Beatles tiveron tanta influencia que se foi estendendo o termino flanger ata a actualidade. A primeira pista dos Beatles na que se fixo uso deste efecto foi en Tomorrow Never Knows do disco Revolver, que foi gravado o 6 de abril de 1966.

Outros din que foi George Chkiantz, un enxeñeiro empregado dos OLYMPIC STUDIOS en Londres. Nese mesmo ano The Small Faces utilizan na gravación do seu sinxelo Itchcoo Park tamén empregaría este efecto.

Así comezou a súa andadura o efecto flanger ata os nosos dias nos que se converteu nun dos efectos mais coñecidos no mercado.