Flag Fen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reconstrución dunha palloza da Idade de Bronce en Flag Fen.

Flag Fen é un sitio arqueolóxico da Idade de Bronce, situado cara ao leste de Peterborough no condado de Cambridgeshire (Inglaterra) de 3500 anos de antigüidade.

Tratábase dunha pequena illa artificial no medio dun lago considerado sagrado que contaba con varias estruturas tipo palafita que conformaban unha ponte-camiño de madeira cun santuario palafítico no medio do pequeno lago, onde se celebraban ritos detectados a través do depósito votivo de gran número de armas e outros obxectos. O lugar foi recuperado para o turismo mediante a reconstrución parcial do lugar e a construción dun centro de visitantes no sitio.

Historia[editar | editar a fonte]

O lago comezou a ser usado seguramente como lugar sagrado ata que se decidiu construír este templo no medio do lago con madeiras traídas doutros lugares debido ao sentido relixioso que os seus construtores lle querían dar. Así, construíuse unha calzada de madeira por riba da lama e no medio do pequeno lago unha plataforma e nela construíronse pequenos edificios palafíticos onde depositar obxectos de prestixio así como pequenos coios brancos traídos de lugares afastados (ritual moi semellante aos cairns).

O seu uso ritual durou 1200 anos e non só se ofrecían obxectos aos deuses senón tamén sacrificios de cabalos, un dos sacrificios de animais máis importantes da antigüidade. O lago foise colmatando debido á acumulación de sedimentos e á transformación humana dos arredores e da propia plataforma. Para cando o cambio de Era o santuario atopábase cuberto, o que permitiu a súa conservación nun lugar de turbeira.

A illa foi descuberta no ano 1982 durante as prospeccións arqueolóxicas previas ás obras de construción de diques na zona, no 1984 comezaron as escavacións financiadas polo Patrimonio inglés, atopándose a roda de madeira máis antiga de Inglaterra así como fragmentos de cerámica, armas e obxectos importados de Europa. Debido aos coidados polos que teñen que pasar as madeiras o lugar aínda está a ser escavado, debido a que se quere preservar o xacemento e os arredores (onde se supón que proseguía o santuario ou mesmo se atopaba o santuario orixinal) antes de que a agricultura intensiva deshumidifique a zona e podreza os restos que aínda se poden atopar baixo a turba.

O museo[editar | editar a fonte]

Centro de visitantes de Flag Fen.

Nas inmediacións atópanse varios edificios que axudan a divulgar e preservar este lugar, conta cun centro de visitantes onde se explica o propósito do lugar e fai de museo, conta cunha sala húmida onde se conservan grazas á choiva artificial algunhas das madeiras atopadas no lugar así como barcos da Idade de Bronce atopados en Fens Creek.

Non só se preservan restos arqueolóxicos senón tamén que contou con estudos medioambientais e conservando a biodiversidade do lugar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pryor, Francis (2005). Tempus, ed. Flag Fen: The Life and Death of a Prehistoric Landscape. ISBN 978-0752429007.