Fiorenza Cedolins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFiorenza Cedolins
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Vito d'Asio, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webfiorenzacedolins.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1588983 Musicbrainz: 24236742-5064-43fe-9f6e-a22e034f9fed Editar o valor em Wikidata

Fiorenza Cedolins, nada en Vito d'Asio, Friúl-Venecia Xulia (Italia) é unha soprano italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fiorenza Cedolins fixo o seu debut operístico en 1992 no Teatro Carlo Felice de Xénova coa ópera Cavalleria rusticana de Pietro Mascagni. Posteriormente realizou diversos papeis cun repertorío que abranguía óperas dende Monteverdi, con Il combattimento di Tancredi e Clorinda, o Carmina Burana de Orff, o Mosè in Egitto de Rossini, ata Salomé de Strauss. En 1996 gañou o Concurso Vocal Luciano Pavarotti, e foi convidada para cantar Tosca de Puccini coa Compañía de Ópera de Filadelfia e o tenor italiano Luciano Pavarotti. Ese mesmo ano cantou o papel de Santuzza e Cavalleria rusticana no Festival de Rávena, dirixida por Riccardo Muti. En 2005 interpretou o Requiem de Verdi no Auditorium di Santa Cecilia de Roma, dirixida por Zubin Mehta, a Misa de Requiem para o papa Xoán Paulo II, e de xira en Frankfurt e Viena coa Orquestra Sinfónica de Milán, dirixida por Riccardo Chailly. Tamén cantou Norma de Bellini (un dos papeis máis difíciles do repertorio italiano) no Teatro Carlo Felice de Xénova, dirixida por Bruno Campanella, Mimi en La Bohème de Puccini e o papel protagonista en Tosca no Arena di Verona, dirixida por Daniel Oren.

Fiorenza Cedolins tamén ten cantado papeis principais en Adriana Lecouvreur de Francesco Cilea, Aida, Luisa Miller de Verdi, Manon Lescaut , Madama Butterfly e Suor Angelica de Puccini. Outras funcións inclúen Leonora en Il trovatore, Amalia en I masnadieri, Desdémona en Otello, Isabel di Valois en Don Carlos, de Verdi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]