Finlandia (poema sinfónico)
O poema sinfónico Finlandia (Op. 26) compúxoo Jean Sibelius en 1899 e revisou de novo en 1900 para animar a loita popular contra da revogación da autonomía finesa polo goberno imperial ruso, converteuse nunha peza moi popular no país, nun himno oficioso e secreto por canto as autoridades rusas prohibírano
Finlandia era o cadro final dunha suite de varias pezas que Sibelius compuxo para ser estreada con ocasión das Festas da Pensión da Prensa de 1899, a prensa fora precisamente un dos baluartes da oposición á rusificación de Finlandia, e o acto converteuse nun chamamento do sentimento patriótico finés nun momento no que a política rusa se facía máis agresiva. Gran parte do peza é música turbulenta e implorante, utilizando instrumentos de vento, evocando a loita do pobo finés polos seus dereitos mais cara o fin da obra a composición vólvese máis serenamente melódica, esta última parte volveuna escribir Sibelius máis tarde como unha nova peza co nome de Finlandia-hymni.
Índice |
Instrumentación [editar]
A partitura de Sibelius require da utilización de:
- Dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots e un contrafagot.
- Catro trompas, tres trompetas en fa, tres trombóns, unha tuba.
- Timbais, percusión (bombo, platos, ferriños).
- Archi.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Finlandia Op.26 de Jean Sibelius no Proxecto Biblioteca Internacional de Partituras Musicais (IMSLP) (en inglés).
- Scores completos de varios poemas sinfónicos de Jean Sibelius incluído Finlandia
- Video dunha gravación de 2012 de Finlandia Op.26 en www.youtube.com
- Video da inauguración do Musiikkitalo Helsinki coa versión coral de Finlandia en www.youtube.com