Finisterrae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Finis Terrae é un supercomputador galego que xurdiu a partir dun convenio asinado en marzo de 2006 coa colaboración da Xunta para apoiar a comunidade cientifica que require gran cantidade de cómputo para a resolucion de problemas de diversa índole. Está situado no Centro de Supercomputación de Galicia. Actualmente está no posto 100 do "top500" pero aínda está en construción polo que se espera que suba na lista nos próximos meses ata as primeiras posicions. Entrou a funcionar o 1 de Abril de 2008.

Para o que se creou a Cesga, e sempre apoiado enormemente pola filosofía de software libre, deseñouse unha plataforma capaz de articular diferentes proxectos científicos, aplicando os cálculos e as simulacións que os investigadores necesitaban.

Na procura desta infraestrutura singular a nivel estatal e europeo xorden as primeiras dificultades, derivadas da falta de apoio inicial do Goberno estatal ata que se consigueu convencer a empresas coma HP ou Intel e ós americanos de Palo Alto de que Galicia tiña oportunidades, pero en Madrid chocou a idea dun centro potente de investigación no noso país. A implicación do Estado acadouse finalmente, pero o esforzo e os recursos para dar os primeiros pasos miraron sempre cara territorio galego.

Trátase dun computador "cunha capacidade de cálculo equivalente á de trinta mil ordenadores convencionais". Pero a súa singularidade reside na gran capacidade de memoria. O Finisterrae será o único ordenador operativo en territorio español capaz de recibir un problema moi grande e resolvelo sen dividilo.


Especificacións técnicas[editar | editar a fonte]

Nome Finisterrae
Lugar CESGA
Pais España
Ano 2007
Sistema Operativo Linux
Arquitectura Itanium 64 (Intel)
Procesadores 2400
Memoria 19584 GB
Potencia 12970 GFlops
Top500 Ranking 100
Web www.cesga.es


Aplicacións[editar | editar a fonte]

O Finisterrae permitirá traballar máis rápido nos proxectos nos que agora está mergullado o centro galego, pero as súas aplicacións van máis alá. A longo prazo, Galicia poderá colaborar no deseño de fármacos para combater enfermidades coma a malaria, e traballar polo aproveitamento dos recursos enerxéticos que pare o noso país, así coma procurar outros novos para explotalos.

Así mesmo, unha lacra que o noso país revive cada verán, os incendios forestais, poderá paliarse grazas á tecnoloxía deste computador: mediante fotos tomadas vía satélite e os datos da forza do vento poderá adiviñarse por onde atallar o lume para frear o seu avance.

Pero estas son só algunhas das utilidades dun computador que tornará competitiva a situación de Galicia nos proxectos internacionais de índole tecnolóxica. Así o determinan os últimos indicadores de innovación europeos, que concibe á nosa coma unha rexión start up, das que aínda está medrando, pero que avanza a pasos axigantados, moi por enriba da media.

Pese a todo, o director xerente do Cesga recoñece que “para nós o máis importante son as cabezas pensantes”. O Finisterrae instalarase, e permitirá grandes adiantos, pero pasados uns cantos anos tornarase obsoleto. Sen embargo, do contacto dos investigadores coa industria punteira en supercomputación a nivel mundial dependerá o éxito ou o fracaso dun ambicioso proxecto que pretende facer de Galicia un país moderno, que explota os recursos que produce para avanzar e redundar no propio beneficio.



Notas[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]