Finding Neverland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Descubrindo Nunca Xamais
Título orixinal Finding Neverland
[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]]
Ficha técnica
Director Marc Forster
Produtor
Guión David Magee
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Johnny Depp
Kate Winslet
Julie Christie
Dustin Hoffman
Freddie Highmore
Radha Mitchell
Ian Hart
Música Jan A.P. Kaczmarek
Fotografía Roberto Schaefer
Montaxe Jim Miller
Paul Rubell
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 2004
Duración 106 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Finding Neverland é unha película de 2004 dirixida por Marc Forster. Conta a experiencia de de J. M. Barrie escribindo o clásico infantil Peter Pan.

Argumento[editar | editar a fonte]

Sir James Matthew Barrie é un escritor de obras de teatro. Cando as súas obras xa non reciben boas críticas decide escribir unha nova historia. Mentres está no parque coñece a Sylvia Llewelyn Davies e os seus fillos, Peter, Jack, George e Michael. Peter é o único ao que parece non agradar James. Barrie crea unha gran amizade coa familia, pero non é ben vista pola súa esposa Mary nin pola nai de Sylvia.

O escritor e a familia pasan un magnífico verán xuntos no cal os mozos e el mesmo aprenden moitas cousas xuntos. Especialmente Peter, con quen J.M. Barrie crea un gran lazo de amizade, inseparable. Unha vez, no campo, de paseo, Sylvia comeza a toser descontroladamente e descóbrese que posúe un problema pulmonar, pero decide non someterse a medicacións nin tratamentos.

A esposa de James cánsase de ter que compartir o seu marido con outra familia e decide deixalo. Sylvia empeora rapidamente, chegando a un punto no cal xa non hai moitas esperanzas.

Barrie escribe unha extraordinaria obra inspirada nas súas experiencias xunto á familia de Sylvia, sendo Peter o protagonista da historia. A obra é todo un éxito, cativando o público coa fantasía e as orixinais personaxes.

A saúde de Sylvia non mostra ningún cambio. A noite da estrea o señor Barrie vai buscala, a pedirlle que deixe de finxir que nada pasa. Pero ela dálle a entender que a súa hora está a chegar e é irremediable. Así é como un día George pídelle á súa nai que baixe ao salón e alí atópase coa mesmísima obra, na casa. Ao final, un pano despréndese da parede da casa e detrás del atópase Nunca xamais. Sylvia entra alí e aí é onde morre, debuxando esa morte tras unha estadía eterna en Nunca xamais. James e a señora Llewelyn Davis comparten a tutela dos nenos de Sylvia.

Diferenzas[editar | editar a fonte]

As diferenzas entre historia real e a película son:

  • Había cinco nenos no canto de catro.
  • O esposo de Sylvia aínda estaba vivo cando Barrie coñece a familia.
  • Sylvia morreu seis anos despois da estrea da obra.

Premios[editar | editar a fonte]

Oscar 2004[editar | editar a fonte]

Categoría Persona Resultado
Oscar a mellor película Candidata
Oscar ao mellor guión adaptado David Magee Candidato
Óscar ao mellor actor Johnny Depp Candidato
Óscar a mellor banda sonora Jan A.P. Kaczmarek Gañador
Oscar ao mellor deseño de vestiario Alexandra Byrne Candidata
Oscar a mellor dirección de arte Gemma Jackson Candidata
Óscar ao mellor montaxe Thelma Schoonmaker Candidata