Final Fantasy XIII
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Final Fantasy XIII (ファイナルファンタジーXIII Fainaru Fantajī Sātīn?) é un videoxogo producido por Square Enix, sendo a decimo terceira entrega da serie Final Fantasy. Saíu para a PlayStation 3 no Xapón o 17 de decembro de 2009 i en América do Norte e as rexións PAL o 9 de marzo de 2010 para PlayStation 3 e Xbox 360. Motomu Toriyama (director de Final Fantasy X-2) é o director deste xogo.[1]
Índice |
Argumento [editar]
O argumento deste capítulo xira en torno á civilización do Niño ("Coocon" na versión inglesa) unha sociedade que vive flotando por riba de Paals, considerado polos cidadáns coma o Inframundo. O Niño foi formado por uns entes paranormais cheos de poder chamados Fal´Cie(s) dos que existen dous tipos: Os do propio Niño, encargados de defendelo, e os de Paals, que atacan o Niño de vez en cando.
Os Fal´Cie ademais maldicen a calquera humano co que entran en contacto, converténdoo nun Lu´Cie. Estes deberán cumprir misión para o Fál´Cie se non queren acabar converténdose nun monstro, e aínda que consigan levar a cabo a misión o seu destino será converterse nun cristal para sempre, polo que se di que o Lu´Cie está ben fodido.
A trama comeza cando o Sanctum, goberno oficial do Niño, realiza unha purga expulsando ós Lu´Cie (é dicir, aos humanos malditos polos Fal¨Cie)a Paals. Entre o grupo de exiliados encontraranse os protagonistas da historia, que contemplarán impresionados como a purga torna nunha matanza civil.
Notas [editar]
- ↑ Brad Shoemaker & Dan Tochen (2006). "E3 06: Square Enix announces trio of Final Fantasy XIII games". Gamespot. http://www.gamespot.com/e3/e3story.html?sid=6149412. Consultado o 8 May.