Filipe Bidart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFilipe Bidart

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Philippe Bidart Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Saint-Étienne-de-Baïgorry, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePobo vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAbertzaleen Batasuna Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJamattitt Bidart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJojo Bidart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Inguma: filipe-bidart Literaturaren Zubitegia: 848

Filipe Bidart ou Philippe Bidart, alias Patxi, nado no val de Baigorri, Baixa Navarra (Francia) en 1953, é un líder histórico e fundador da organización Iparretarrak ("Os do Norte"),[1] de ideoloxía independentista vasca e marxista hoxe en día disolta. O seu brazo dereito en IK era Gabriel Mouesca, actual presidente do Observatorio Internacional de Prisións.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bidart naceu no val de Baigorri, no País Vasco francés. Estudou nun seminario, aínda que non chegou a ordenarse. Posteriormente, foi profesor dunha ikastola antes de fundar, en 1973, a organización Iparretarrak, que foi ilegalizada o 17 de xullo de 1987 polas autoridades francesas. A organización atribuíuse unhas 150 accións violentas e atentados, nos que se produciron varias mortes. En 1982, Bidart pasou á clandestinidade.

En 1982, participou no asasinato de dous policías CRS (antidisturbios) en Baigorri, que montaran un control de estrada rutineiro. Este acto nunca foi reivindicado por IK pese a que, posteriormente, a organización si reivindicou outros tiroteos nos que houbo xendarmes mortos.[1] En 1987, tomou parte no asasinato dun xendarme en Biscarrosse (Aquitania) en circunstancias semellantes.[3]

Bidart foi detido na noite do 19 ao 20 de febreiro de 1988 en Boucau,[3] xunto co tamén membro de IK Totte Etcheveste, que está en cadeira de rodas tras ser alcanzado por un disparo na columna vertebral durante o tiroteo, cos axentes de policía, que precedeu á detención. Permaneceu illado durante 25 meses no cárcere de La Santé. Foi condenado en 1992 e 1993 pola sala XVI do Tribunal Correccional de París a dúas cadeas perpetuas polos asasinatos nos que estivo implicado. En 2000, ademais, foi sentenciado a 20 anos de prisión por ter participado nun tiroteo na vila de Léon n'As Landas, en 1983[2], no que morreu un xendarme e un militante de IK (Popo Larre) resultou desaparecido, seguindo aínda hoxe en paradeiro descoñecido. Estivo case 19 anos en prisión, internado na cárcere de máxima seguridade de Clairvaux, no nordés de Francia.

En 2003 Bidart cumpriu o chamado "período de seguridade" (tempo mínimo de reclusión antes de poder aspirar á liberdade condicional). O 1 de febreiro de 2007, o Tribunal de Apelacións de París estableceu que se daban todas as condicións xurídicas previstas pola lei para a concesión da liberdade condicional, saíndo do cárcere o 14 de febreiro.[2][4] A súa excarceración ten sido recorrida en casación pola fiscalía.[5] Trala súa saída do cárcere, Bidart milita no partido independentista vasco Abertzaleen Batasuna, representante da esquerda abertzale en Francia, chegando en 2011 a ser membro do secretariado.[6]

Entre febreiro de 2007 e 2012, viviu en Béziers (Hérault),[7] baixo un réxime de liberdade condicional e coa prohibición de permanecer no País Vasco francés e os departamentos veciños. En 2012, regresou á súa vila natal onde traballou como contable na empresa do seu irmán.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bidegain (2011)
  2. 2,0 2,1 2,2 "Sale de prisión en Francia el líder y fundador de Iparretarrak, Philippe Bidart". elmundo.es (en castelán). 14-2-2007. Consultado o 26-11-2019. 
  3. 3,0 3,1 Delobel, Pantxika (19-3-2012). "Il y a 30 ans, deux CRS rochelais étaient assassinés au Pays basque". sudouest.fr (en francés). Consultado o 26-11-2019. 
  4. "Conceden la libertad condicional a Filipe Bidart". gara.naiz.eus (en castelán). 2-2-2007. Arquivado dende o orixinal o 07-10-2014. Consultado o 26-11-2019. 
  5. "Le nationaliste basque Philippe Bidart remis en liberté". liberation.fr (en francés). 14-2-2007. Consultado o 26-11-2019. 
  6. M., P. (7-12-2011). "AB invite Batasuna et EA à rejoindre EH Bai". lejpb.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 18-01-2012. Consultado o 26-11-2019. 
  7. Goutorbe, Christian (16-2-2007). "Polémique. Philippe Bidart, un hôte encombrant". ladepeche.fr (en francés). Consultado o 26-11-2019. 
  8. "Philippe Bidart sera resté discret jusqu'au bout". midilibre.fr (en francés). 31-5-2012. Consultado o 26-11-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bidegain, Eneko (2011). Iparretarrak: historia de una organización política armada (en castelán). Tafalla (Navarra): Txalaparta. ISBN 9788481366174. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]