Filibusteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Filibusteiro (< francés flibustier < inglés freebooter < holandés vrijbuiter ['que se fai do botin libremente']; tamén podería proceder do inglés fly-boat ['tipo de veleiro rápido']) era o nome que recibía o pirata que no século XVII formaba parte dos grupos que actuaban no mar das Antillas.

O último triunfo destes piratas foi a toma de Cartagena de Indias en 1697, coa axuda dunha flota de corsarios franceses. Desde entón o seu número diminuíu rapidamente, e non se atopan referencias históricas deles a partir do século XVIII.

Outra acepción[editar | editar a fonte]

O nome de filibustero foi recuperado no século XIX, sobre todo nos países anglosaxóns, para designar aos aventureiros americanos que intentaron xogar nesa época un papel político en México e América Central, xeralmente en contra dos gobernos establecidos, utilizando métodos próximos á piratería. O máis coñecido deles foi William Walker. Actualmente tamén se usa para os que realizan actos de sabotaxe e boicot a políticas determinadas nun parlamento, cámara, congreso ou senado, mediante o método de prolongar o uso da palabra e obstruír administrativamente o progreso do debate.