Filadelfia - Philadelphia
| Philadelphia, Pennsylvania | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| País: | Estados Unidos de América |
| Estado: | Pensilvania |
| Condado: | Filadelfia |
| Incorporada: | 25 de outubro de 1701 |
| Alcalde: | John F. Street |
| Xeografía | |
| Altitude: | 12 msnm |
| Superficie: | 369,4 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.463.281 (2005) |
| Densidade de poboación: | 4.201,8 |
| Información | |
| Sitio na web: | http://www.phila.gov |
Filadelfia (en inglés Philadelphia) é unha cidade estadounidense situada no condado de Filadelfia, Pensilvania. Segundo o censo de 2000, a poboación era de 1.517.550 habitantes, converténdoa na quinta cidade mais poboada de Estados Unidos.
Establecida en 1681, é unha das cidades máis antigas do país, e, como capital orixinal e cidade máis grande da época colonial, gozaba dunha importancia política e social maior que Boston (Massachusetts) ou Nova York. En 1776, o Congreso Continental das Trece Colonias reuniuse en Filadelfia e no 4 de xullo dese ano, declarou a independencia de Gran Bretaña. Quizais o cidadán máis famoso de Filadelfia foi Benjamin Franklin, escritor, científico e político.
É a mais setentrional das cidades estadounidense en ser considerada dentro da zona climatica subtropical húmida. Os veráns son calorosos, outonos e primaveras tépedos e invernos fríos. A media de nevadas por ano é de 534 mm , aínda que esta cantidade é moi variable de ano en ano, presentándose invernos de só nevadas leves e outros con grandes tormentas de neve.
A conformación racial da cidade é de 45% brancos, 43,2% afroamericanos, 5,5% asiáticos, 0,3% amerindio 0,1% illas do pacífico e 5,8% doutras razas. Os hispanos ou latinos constitúen o 10,5% da poboación.
Ver Historia urbana de Filadelfia.
Índice |
Museos [editar]
- Museo de Arte de Filadelfia
- Museo Auguste Rodin (a mayor colección das súas obras fora de Francia)
- A Fundación Barnes (Barnes Foundation)
- Atwater-Kent Municipal Museum
- Independence Hall e a Campá da Liberdade
- Edgar Allan Poe House
- Museo da fundación Rosenbach
- O centro nacional da Constitución dos Estados Unidos de América (National Constitution Center)
Cidades irmáns [editar]
Florencia, Toscana, Italia, desde 1964
Niza, Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia
Aix-en-Provence, Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia
Kobe, Hyogo, Xapón
Tel Aviv, Israel, desde 1966
Mosul, Ninawa, Iraq
Toruń, Pomerania Meridional, Polonia, desde 1976
Tianjin, China, desde 1980
Incheon, Corea do Sur, desde 1984
Douala, Litoral, Camerún, desde 1986
Nizni Nóvgorod, Rusia, desde 1992
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- www.phila.gov (sitio oficial) (en inglés)
- www.philadelphia.com (unha guía para visitantes) (en inglés)
- Plano Interactivo de Filadelfia Plano Navegable da Cidade de Filadelfia (en castelán)
| Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago |
||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Nova York | Nova York | 8.274.527 | 11 | Detroit | Michigan | 916.952 | |||
| 2 | Os Ánxeles | California | 3.834.340 | 12 | Jacksonville | Florida | 805.605 | |||
| 3 | Chicago | Illinois | 2.836.658 | 13 | San Francisco | California | 799.183 | |||
| 4 | Houston | Texas | 2.208.180 | 14 | Indianapolis | Indiana | 795.458 | |||
| 5 | Phoenix | Arizona | 1.552.259 | 15 | Columbus | Ohio | 747.755 | |||
| 6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.449.634 | 16 | Austin | Texas | 743.074 | |||
| 7 | San Antonio | Texas | 1.328.984 | 17 | Fort Worth | Texas | 681.818 | |||
| 8 | San Diego | California | 1.266.731 | 18 | Memphis | Tennessee | 674.028 | |||
| 9 | Dallas | Texas | 1.240.499 | 19 | Charlotte | Carolina do Norte | 671.588 | |||
| 10 | San Jose | California | 939.899 | 20 | Baltimore | Maryland | 637.455 | |||
| Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000 | ||||||||||
|
||||||||||||||