Figueirido, Vilaboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°22′10″N 08°37′44″W / 42.36944°N 8.62889°W / 42.36944; -8.62889

Santo André de Figueirido
Figueirido.jpg
igrexa parroquial
Concello Vilaboa
Área 3,74 km²
Poboación 781 hab. (2011)
Densidade 208,82 hab./km²
Entidades de poboación 9

Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o INE no 2011 tiña 781 habitantes (402 mulleres e 379 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, 58 menos ca en 1999. É a parroquia menos poboada do concello, por tras de Santa Comba de Bértola.

Índice

Xeografía [editar]

Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra).

Na parroquia nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte. O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino.

Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela. Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.

Patrimonio [editar]

A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha saeteira románica. Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.

Na parroquia está a base militar da BRILAT.

Deportes [editar]

Na parroquia está o Figueirido C.F. que milita na 2ª División Rexional.

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Figueirido [editar]

Lugares da parroquia de Figueirido no concello pontevedrés de Vilaboa

O Alcouce | Balteiro | Bergunde | Borrateiros | A Boullosa | Canaval | Casfalcón | As Croas | O Pazo

Parroquias de Vilaboa [editar]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]