Figueiras, Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Figueiras
Cemiterio de Figueiras.
ConcelloSantiago de Compostela[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′20″N 8°34′41″O / 42.88888889, -8.57805556Coordenadas: 42°53′20″N 8°34′41″O / 42.88888889, -8.57805556
Área9,87 km²
Poboación1016 hab. (2019)
Densidade102,94 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Figueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2013 tiña 995 habitantes (500 mulleres e 495 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 927 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A freguesía de Figueiras está dominada polos montes da Cova e de Correxíns. O clima é morno e posúe bos terreos de cultivo, especialmente logo da concentración parcelaria.

Historia[editar | editar a fonte]

A principios do século XX tiña case que seiscentos fregueses. A súa poboación foi medrando polo éxito do cultivo do millo, xa que a principios do século XVII, segundo fai constar o cardeal Jerónimo del Hoyo nas súas Memorias do Arcebispado de Santiago, na parroquia de Santa María de Figueiras so residían trinta fregueses que pagaban con centeo e pan os seus décimos á igrexa de Santiago.

Era unha das primeiras paradas no camiño tradicional para Portomouro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A súa igrexa parroquial conserva interesantes pinturas murais.

Nesta parroquia, no lugar de Codesedas, atópase o castro de Marmancou, que presenta plataformas defendidas por muros de cachotería. O viaxeiro británico Howes escribiu en 1925 no relato da súa viaxe a Compostela sobre este castro e outro situado en Fecha. Neste castro apareceu abonda cerámica castrexa e tamén romana.

No lugar de Correxíns consérvanse gravados rupestres da mesma maneira que na aldea de Folgoso onde aparece unha laxe parcialmente destruída pero con varias coviñas, ou cazoletas, que poderían ser unha representación de Orión.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Figueiras[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Figueiras no concello de Santiago de Compostela

Codesedas | Correxíns | A Cova | Folgoso | A Fontecova | Marmancou | As Moas de Abaixo | As Moas de Arriba | Piñor | A Portela | Vrins | Xulacasa

Parroquias de Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]