Fifty Foot Hose
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fifty Foot Hose | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | San Francisco, California, |
| Período | 1967 – 1970 1995 – actualidade |
| Xénero(s) | rock psicodélico, rock experimental, jazz |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Fifty Foot Hose é unha banda de rock psicodélico formada en San Francisco a finais dos anos 60, e reformada a mediados dos anos 90. Foi un dos primeiros grupos en fusionar o rock e a música experimental. Como outras poucas bandas da época (sobre todo nos Estados Unidos), trataron de combinar os sons contemporáneos do rock con instrumentos electrónicos e ideas compositivas de vangarda.