Fidxi - Viti
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Republic of the Fiji Islands Matanitu Tu-Vaka-i-koya ko Viti |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fidxi (en inglés: Fiji; en fidxiano: Matanitu ko Viti; en indostánico: फ़िजी, فِجی), oficialmente República das Illas Fidxi, é un país insular situado no sur do Océano Pacífico, ao leste de Vanuatu, oeste de Tonga e ao sur de Tuvalu.
Índice |
[editar] Historia
Os primeiros habitantes de Fidxi chegaron do Sueste Asiático tempo antes de que fosen descubertas por exploradores europeos no século XVII. Con todo, non foi ata o século XIX, que os europeos viñeron ás illas a establecerse de forma permanente. As illas sometéronse ao control británico como colonia en 1874. A independencia foi concedida en 1970, aínda que a Raíña Isabel II seguía reinando no país. En 1987 un golpe de estado promulgaría a República, que se mantén hoxe día. Realizouse unha nova constitución, igualitaria entre as dúas grandes etnias do país, indios e os nativos fidxianos. Dez anos despois, no 2000, George Speight nacionalista nativo cometeu un golpe de estado que foi contrarrestado por outro realizado por Frank Bainimarama que restaurou a normalidade democrática impondo a Laisenia Qarase como primeiro ministro.
O 4 de decembro de 2006, o comodoro Bainimarama realiza un golpe de estado contra Qarase. Bainimarama volveuse contra o goberno pola clemencia coa que actuaba Qarase ante os golpistas de Speight. As tropas rodearon a residencia de Qarase, apartándoa do resto da capital. Homes armados formaron barricadas por toda a capital, incluíndo os arredores da oficina de Qarase. Os soldados tamén atacaron comisarías e fixéronse coas armas da única unidade armada da policía, ademais de desarmar aos gardacostas do propio Qarase. Bainirama converteuse no presidente de facto do país, impondo a Jona Senilagakali como primeiro ministro. A situación acougouse en parte o 5 de xaneiro de 2007 ao devolver Bainimarama a presidencia a Josefa Iloilo. Un día despois Iloilo nomeaba ao comodoro primeiro ministro do país.
[editar] Política
Fidxi é unha república desde 1987 tras un golpe de estado na que o poder executivo pasou do gobernador británico a un Consello de Ministros encabezado por un primeiro ministro. A constitución de 1990 foi redactada para que os nativos fidxianos monopolizasen o poder político do país pero foi emendada en 1997 permitindo aos non nativos unha maior participación.
O presidente é o xefe do estado, elixido por un Gran Consello de Xefes, con poderes bastante limitados salvo en caso de crise. O primeiro ministro do país ha de ser elixido por maioría polo parlamento coa arbitraxe do presidente e é quen dirixe o goberno. O parlamento é bicameral, hai un Senado con 34 escanos (24 dos cales estaban reservados para os nativos das Illas Fidxi de Melanesia, 9 para a poboación doutras razas e 1 para a illa polinesia de Rotuma) e un Congreso de 70 escanos (37 para os nativos de Fiyi, 27 para cidadáns de orixe india, 5 para representantes doutras etnias e 1 para a illa de Rotuma). O sistema legal está baseado no británico.
[editar] Organización político-administrativa
- Artigo principal: Subdivisións de Fidxi.
Fidxi está dividida en catro divisións administrativas:
Aparte, a illa de Rotuma, ao norte do arquipélago, ten o status de dependencia.
[editar] Xeografía
Fidxi consiste en 322 illas, das cales ao redor dun terzo están habitadas. Ademais, hai outras 522 illas menores. As dúas illas máis importantes son Viti Levu e Vanua Levu. En Viti Levu están a capital Suva, Lautoka e Nadi (sede do principal aeroporto internacional de Fidxi). En Vanua Levu, as principais cidades son Labasa e Savusavu. Ambas as illas son montañosas, con picos de máis de 1.200 metros, e están cubertas por bosque tropical. Viti Levu concentra aproximadamente dous terzos da poboación do país, e combinada con Vanua Levu representan máis do 80% da poboación do país.
Outras illas importantes de Fidxi son Taveuni, Kadavu (a terceira e cuarta illa en tamaño respectivamente), o grupo de Mamanuca e o grupo Yasawa son populares destinos turisticos, cos grupos Lomaiviti e Lau. Rotuma atopase a cincocentos quilómetros ao norte do arquipélago.
[editar] Economía
- Artigo principal: Economía de Fidxi.
[editar] Demografía
A poboación actual alcanza os 905.949 (estimada en xullo de 2006), cunha densidade de 49 hab/km². Os fidxianos nativos son unha mestura de polinesios e melanesios, resultado das antigas migracións que tiveron lugar no Pacífico Sur séculos atrás. A poboación fidxiana de orixe india creceu rapidamente entre 1879 e 1916 para traballar nos campos de cana de azucre. E logo continuou crecendo debido á migración voluntaria ata alcanzar a maioría, pero tras o golpe de estado de 1879 comezou a decrecer pola emigración. Tamén hai minorías de europeos e chineses. A lingua oficial é o inglés, pero a lingua falada polos nativos é o fidxiano, lingua da familia malaio-polinesia, e polos habitantes de orixe india é o hindi fidxiano, variedade local do indostaní.
[editar] Relixión
A maioría dos fidxianos nativos son cristiáns, sendo sobre todos metodistas e católicos. En canto aos indo-fidxianos, son un 77% de relixión hindú, máis de 15% musulmáns e 6% cristiáns. Hai tamén uns poucos sijs. A denominación Cristiá mais grande é a Igrexa Metodista de Fidxi e Rotuma. Ten a poboación mais grande en Fidxi que en ningunha outra nación (36.2% da poboación de Fidxi pertence a esta igrexa). A Igrexa católica tamén é significante (8.9%).
Os Hindues pertencen á seita Sanatan (74.3% dos hindues), mentres que o 22% non especifican a cal seita pertencen. A maioría dos Musulmáns son Sunni. Outras relixións que existen pero con menos poboación son o Sikhismo e o Bahaísmo.
[editar] Cultura
Debido á súa diversidade étnica e relixiosa. A cultura do país é o resultado dun mosaico entre as tradicións indíxena, india e europeas. A cultura dos nativos ten características entre melanesias e polinesias, aínda que experimentou cambios debido á cristianización.
O deporte preferido no país é o Rugby, habendo participado o equipo nacional en varios campionatos do mundo. Doutra banda, tamén existe unha selección de fútbol, situada no posto 150º da clasificación mundial da FIFA. A súa mellor participación nun torneo internacional foi un terceiro posto na Copa de Oceanía de 1998.
As festas oficiais de Fidxi reflicten a súa diversidade cultural
| Festas | |||
| Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
|---|---|---|---|
| 1 de xaneiro | Día de ano novo | New Year´s Day | As celebracións poden continuar durante unha semana e ata un mes nalgunhas zonas. |
| Febreiro/Marzo | Festival de cores | Holi | Festa hindú |
| Marzo/Abril | Ram Naumi | Ram Naumi | Celebración hindú en honra do señor Ram |
| Marzo/Abril | Semana Santa | Easter | Son festa oficial o domingo e o
venres |
| 30 de maio | Día de Ratu Sir Lala Sukuna | Sir Lala Sukuna's Day | Festa que fai honra ao primeiro presidente do país independente |
| Xullo | Día da constitución | Constitution Day | Conmemora a adopción da constitución de Fiyi |
| Xullo | Día do nacemento de Mahoma | - | Festa musulmá |
| Setembro | Festival do azucre | Sugar Festival | Celebrado en Lautoka |
| 10 de outubro | Día de Fiyi | Fiji Day | É o aniversario tanto da cesión ao Reino Unido como a obtención da independencia en 1970 |
| Outubro/novembro | Festival das luces | Diwali | Festa hindú en honra de Lakshmi deusa da riqueza e a prosperidade. |
| 25 de decembro | Nadal | Christmas | Festival de Nadal |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Países do mundo | Oceanía |
| Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Nauru | Nova Celandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Quiribati | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu |
| Países con parte do seu territorio en Oceanía |
| Países semiautónomos e estados libres asociados |
