Fidxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fidji")
Republic of the Fiji Islands

Matanitu Tu-Vaka-i-koya ko Viti
फ़िजी रिपब्लिक, فِجی رپبلک
República das Illas Fidxi

Bandeira de Fidxi Escudo de Fidxi
Bandeira Escudo
Lema: Rerevaka na Kalou ka Doka na Tui

Galego: Medo a Deus e honra a Raíña

Himno nacional: God Bless Fiji
 
Fiji (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Suva
160.000 hab.
Cidade máis poboada Suva
Linguas oficiais
Inglés, fidxiano e indostánico
Forma de goberno República baixo

control militar

Raíña Isabel II do Reino Unido¹
Ratu Josefa Iloilo
Comodoro Josaia Voreqe Bainimarama
Ratu Ovini Bokini
Independencia
do Reino Unido

10 de outubro de 1970.

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 156º
18.270 km²
0%
ningunha km
n/a km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 153º
905.949 (est. jul 2006)
49 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 150º
US$ 5.698'000.000
US$ 6.200
IDH (2004) 0.758 (90º) – medio
Moeda Dólar fidxiano (FJD)
Xentilicio fidxiano, fidxiana
Fuso horario UTC 12
Dominio de Internet .fj
Prefixo telefónico +679
Prefixo radiofónico 3DN-3DZ
Código ISO 242 / FJI / FJ
Membro de: ONU, Commonwealth

¹recoñecida polo Gran Consello de Xefes

Tódolos países do mundo

Fidxi[1] (en inglés: Fiji; en fidxiano: Matanitu ko Viti; en indostánico: फ़िजी, فِجی), oficialmente República das Illas Fidxi, é un país insular situado no sur do Océano Pacífico, ao leste de Vanuatu, oeste de Tonga e ao sur de Tuvalu.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes de Fidxi chegaron do Sueste Asiático tempo antes de que fosen descubertas por exploradores europeos no século XVII. Con todo, non foi ata o século XIX, que os europeos viñeron ás illas a establecerse de forma permanente. As illas sometéronse ao control británico como colonia en 1874. A independencia foi concedida en 1970, aínda que a raíña Isabel II seguía reinando no país. En 1987 un golpe de estado promulgaría a República, que se mantén hoxe día. Realizouse unha nova constitución, igualitaria entre as dúas grandes etnias do país, indios e os nativos fidxianos. Dez anos despois, no 2000, George Speight nacionalista nativo cometeu un golpe de estado que foi contrarrestado por outro realizado por Frank Bainimarama que restaurou a normalidade democrática impondo a Laisenia Qarase como primeiro ministro.

O 4 de decembro de 2006, o comodoro Bainimarama realiza un golpe de estado contra Qarase. Bainimarama volveuse contra o goberno pola clemencia coa que actuaba Qarase ante os golpistas de Speight. As tropas rodearon a residencia de Qarase, apartándoa do resto da capital. Homes armados formaron barricadas por toda a capital, incluíndo os arredores da oficina de Qarase. Os soldados tamén atacaron comisarías e fixéronse coas armas da única unidade armada da policía, ademais de desarmar aos gardacostas do propio Qarase. Bainirama converteuse no presidente de facto do país, impondo a Jona Senilagakali como primeiro ministro. A situación acougouse en parte o 5 de xaneiro de 2007 ao devolver Bainimarama a presidencia a Josefa Iloilo. Un día despois Iloilo nomeaba ao comodoro primeiro ministro do país.

Política[editar | editar a fonte]

Fidxi é unha república desde 1987 tras un golpe de estado na que o poder executivo pasou do gobernador británico a un Consello de Ministros encabezado por un primeiro ministro. A constitución de 1990 foi redactada para que os nativos fidxianos monopolizasen o poder político do país pero foi emendada en 1997 permitindo aos non nativos unha maior participación.

O presidente é o xefe do estado, elixido por un Gran Consello de Xefes, con poderes bastante limitados salvo en caso de crise. O primeiro ministro do país ha de ser elixido por maioría polo parlamento coa arbitraxe do presidente e é quen dirixe o goberno. O parlamento é bicameral, hai un Senado con 34 escanos (24 dos cales estaban reservados para os nativos das Illas Fidxi de Melanesia, 9 para a poboación doutras razas e 1 para a illa polinesia de Rotuma) e un Congreso de 70 escanos (37 para os nativos de Fiyi, 27 para cidadáns de orixe india, 5 para representantes doutras etnias e 1 para a illa de Rotuma). O sistema legal está baseado no británico.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Fidxi.

Fidxi está dividida en catro divisións administrativas:

Aparte, a illa de Rotuma, ao norte do arquipélago, ten o status de dependencia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de Illas de Fidxi.
Mapa de Fidxi

Fidxi consiste en 322 illas, das cales ao redor dun terzo están habitadas. Ademais, hai outras 522 illas menores. As dúas illas máis importantes son Viti Levu e Vanua Levu. En Viti Levu están a capital Suva, Lautoka e Nadi (sede do principal aeroporto internacional de Fidxi). En Vanua Levu, as principais cidades son Labasa e Savusavu. Ambas as illas son montañosas, con picos de máis de 1.200 metros, e están cubertas por bosque tropical. Viti Levu concentra aproximadamente dous terzos da poboación do país, e combinada con Vanua Levu representan máis do 80% da poboación do país.

Outras illas importantes de Fidxi son Taveuni, Kadavu (a terceira e cuarta illa en tamaño respectivamente), o grupo de Mamanuca e o grupo Yasawa son populares destinos turisticos, cos grupos Lomaiviti e Lau. Rotuma atopase a cincocentos quilómetros ao norte do arquipélago.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Fidxi.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación actual alcanza os 905.949 (estimada en xullo de 2006), cunha densidade de 49 hab/km². Os fidxianos nativos son unha mestura de polinesios e melanesios, resultado das antigas migracións que tiveron lugar no Pacífico Sur séculos atrás. A poboación fidxiana de orixe india creceu rapidamente entre 1879 e 1916 para traballar nos campos de cana de azucre. E logo continuou crecendo debido á migración voluntaria ata alcanzar a maioría, pero tras o golpe de estado de 1879 comezou a decrecer pola emigración. Tamén hai minorías de europeos e chineses. A lingua oficial é o inglés, pero a lingua falada polos nativos é o fidxiano, lingua da familia malaio-polinesia, e polos habitantes de orixe india é o hindi fidxiano, variedade local do indostaní.

Relixión[editar | editar a fonte]

A maioría dos fidxianos nativos son cristiáns, sendo sobre todo metodistas e católicos. En canto aos indo-fidxianos, son un 77% de relixión hindú, máis de 15% musulmáns e 6% cristiáns. Hai tamén uns poucos sijs. A denominación cristiá mais grande é a Igrexa Metodista de Fidxi e Rotuma. Ten a poboación mais grande en Fidxi que en ningunha outra nación (36.2% da poboación de Fidxi pertence a esta igrexa). A Igrexa Católica tamén é significante (8.9%).

Os hindúes pertencen á seita Sanatan (74.3% dos hindúes), mentres que o 22% non especifican a cal seita pertencen. A maioría dos musulmáns son sunnitas. Outras relixións que existen pero con menos poboación son o sikhismo e o bahaísmo.

Cultura[editar | editar a fonte]

Debido á súa diversidade étnica e relixiosa. A cultura do país é o resultado dun mosaico entre as tradicións indíxena, india e europeas. A cultura dos nativos ten características entre melanesias e polinesias, aínda que experimentou cambios debido á cristianización.

O deporte preferido no país é o Rugby, habendo participado o equipo nacional en varios campionatos do mundo. Doutra banda, tamén existe unha selección de fútbol, situada no posto 150º da clasificación mundial da FIFA. A súa mellor participación nun torneo internacional foi un terceiro posto na Copa de Oceanía de 1998.

As festas oficiais de Fidxi reflicten a súa diversidade cultural

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Día de ano novo New Year´s Day As celebracións poden continuar durante unha semana e ata un mes nalgunhas zonas.
Febreiro/Marzo Festival de cores Holi Festa hindú
Marzo/Abril Ram Naumi Ram Naumi Celebración hindú en honra do señor Ram
Marzo/Abril Semana Santa Easter Son festa oficial o domingo e o

venres

30 de maio Día de Ratu Sir Lala Sukuna Sir Lala Sukuna's Day Festa que fai honra ao primeiro presidente do país independente
Xullo Día da constitución Constitution Day Conmemora a adopción da constitución de Fiyi
Xullo Día do nacemento de Mahoma - Festa musulmá
Setembro Festival do azucre Sugar Festival Celebrado en Lautoka
10 de outubro Día de Fiyi Fiji Day É o aniversario tanto da cesión ao Reino Unido como a obtención da independencia en 1970
Outubro/novembro Festival das luces Diwali Festa hindú en honra de Lakshmi deusa da riqueza e a prosperidade.
25 de decembro Nadal Christmas Festival de Nadal

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fidxi

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau