Ficheiro:Torres Hejduk (Cidade da Cultura).jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficheiro orixinal(2.051 × 2.460 píxeles; tamaño do ficheiro: 3,07 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Descrición

As torres da Cidade da Cultura son un proxecto do singular arquitecto John Hejduk que se remonta ao ano 1992, e que estaban pensadas para ser situadas no Parque de Belvís, onde albergarían actividades pedagóxicas complementarias ao xardín, funcionado como torres botánicas. O proxecto non chegou a materializarse e, trala morte do arquitecto no ano 2002, o responsable do proxecto da Cidade da Cultura, Peter Eisenman, decidiu incluílas na súa obra, en homenaxe ao desaparecido autor. As torres, xa construídas, intégranse por tanto no complexo da Cidade da Cultura, aínda en construción, asumindo funcións de recepción, información e exposición. Están situadas cara ao sur, moi preto da biblioteca e do futuro parque forestal que inclúe o proxecto. Son dúas pezas escultóricas iguais en forma, de singular volumetría: un prisma que ascende ata os 20 m de altura e que vai perdendo sección a medida que crece, ata converterse en algo parecido a un lucernario. Aínda que en forma son iguais están revestidas de diferente maneira: sobre unha estrutura metálica que lles da forma, unha delas revístese exteriormente con pedra mentres que a outra o fai en vidro.

En palabras de Eisenman, John Hejduk concibiu as torres como "a igrexa sen corpo", unha idea que queda un tanto desvirtuada por ter sido cambiadas de localización, aínda que no lles fai perder o seu misterioso encanto. Dende a distancia, mirando cara ao promontorio onde se sitúan as torres, as súas siluetas recórtanse como réplicas abstractas das torres da Catedral, un pouco máis aló no horizonte da cidade.
Data
Orixe originally posted to Flickr as Torres Hejduk (Cidade da Cultura)
Autoría amaianos
Licenza
(Reuso deste ficheiro)
A carga desta imaxe no Commons, publicada orixinalmente no Flickr, levouna a cabo Iago Pillado o día 30 de marzo de 2010, 18:11 coa axuda do Flickr upload bot. Nesa data, o ficheiro estaba baixo a licenza indicada a continuación.
w:gl:Creative Commons
recoñecemento
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual30 de marzo de 2010 ás 18:11Miniatura da versión ás 18:11 do 30 de marzo de 20102.051 × 2.460 (3,07 MB)Flickr upload botUploaded from http://flickr.com/photo/24326886@N03/4475025657 using Flickr upload bot

Uso global do ficheiro

Os seguintes wikis empregan esta imaxe:

Metadatos