Fiat CR.42
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fiat CR.42 Falco | |
|---|---|
| CR.42 sueco | |
| Tipo | caza |
| Fabricante | Fiat |
| Deseñado por | Celestino Rosatelli |
| Primeiro voo | 1936 |
| Principais usuarios | Regia Aeronautica |
| Construídos | 1.780 |
O Fiat CR.42 Falco foi un caza biplano italiano usado durante a Segunda Guerra Mundial. Voou por primeira vez en 1936 a partir do Fiat CR.32, con mellor estrutura e un motor radial. Foi o derradeiro caza biplano italiano, e, aínda que era excelente, era superado polos monoplanos británicos. Construíronse 1.780 exemplares.