Fiat 3½ HP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat 3½ HP
Fiat 3,5hp 1899.jpg
Nome Fiat 3½ HP
Outros nomes Fiat 4 HP
Construtor Fiat
Produción 1899-1900
Montaxe Corso Dante, Turín, Italia
Sucesor Fiat 6 HP
Motor 2 en liña 679 c.c.[1]
Dimensións 2.300 mm x 1. 420 mm x 1.450 mm
Peso 680 kg.
Deseñador Aristide Faccioli[2]
O FIAT 4 HP no National Motor Museum, en UK

O FIAT 3 ½ HP, ás veces chamado 4 CV foi o primeiro modelo de automóbil producido por FIAT. Foron producidas oito unidades no seu primeiro ano (1899) e un total de 26 entre 1899 e 1900.

Características[editar | editar a fonte]

O coche tiña un motor de 2 cilindros refrixerado por auga de 0,7 litros (679 c.c.), de montaxe traseira producían 4,2 cabalos de forza a 800 rpm, montado cunha caixa de cambios de tres velocidades (non foi incluída a marcha atrás). Con este pequeno motor o coche podía alcanzar a velocidade máxima de 35 km/h. Malia ter un motor tan pequeno, o coche consumía 8 l/100 km.

Este primeiro Fiat baseouse no traballo do fabricante de automóbiles Ceirano GB & C, responsable doutro modelo cedo de automóbil, o Ceirano Welleyes.[3] O 3 ½ tiña unha carrocería de Marcello Alessio de Turín.[4] Polo menos catro destes primeiros Fiat sobreviviron: un no Museo do Automóbil de Turín, o Centro Storico Fiat, o National Motor Museum no Reino Unido e o Museo Ford en Dearborn (Míchigan), nos EUA.[4][5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiat 3½ HP Modificar a ligazón no Wikidata