Fianna Éireann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A sunburst flag, un dos símbolos do Fianna Éireann.

Fianna Éireann, tamén coñecido como Fianna na hÉireann e Na Fianna Éireann (en galego: Soldados de Irlanda), e nomeado así polos fianna da mitoloxía irlandesa, é o nome que recibiron diversos movementos xuvenís vencellados ao republicanismo irlandés durante os séculos XX e XXI. "Fianna na hEireann" [sic] tamén se lle denomina á lista de grupos terroristas proscritos no Reino Unido baixo a Lei de terrorismo do 2000.

Oríxes[editar | editar a fonte]

O Fianna Éireann foi fundado en 1909 por Constance Markievicz e Bulmer Hobson, seguindo a liña paramilitar dos escultistas Baden-Powell, mais enfatizando máis no nacionalismo irlandés que non pasaba no nacionalismo británico dos scouts de Baden-Powell.

Os Fianna adestrábanse militarmente con armas de fogo, disciplina militar e primeiros auxilios. Estiveron activos en diversas manifestacións como a marchade Howth Gun de 1914, o funeral de Jeremiah O'Donovan Rossa e tiveron un papel significativo no Alzamento de Pascua de 1916. Moitos dos Fianna formaron parte do Exército Republicano Irlandés durante a Guerra de Independencia Irlandesa (1919-1921). Durante a Guerra Civil Irlandesa (1922-1923), a organización afiliouse á facción do IRA contraria ao Tratado Angloirlandés.

Escisión[editar | editar a fonte]

A organitzción escindiuse en dúas fraccións con diferentes puntos de vista nas décadas seguintes, de xeito comparable ao que partiu ao Exército Republicano Irlandés. Probáblemente a máis destacada delas mantén ligazóns co Continuity Irish Republican Army, Cumann na mBan e Republican Sinn Féin; outro grupo mantén ligazóns co Movemento pola Soberanía do 32 Condados e o Real Irish Republican Army. O Provisional Irish Republic Army creou un grupo simlr nos anos '70 cmo xuventudes, cando se escindiu do Official Irish Republic Army, mais disolveuse a finais dos '70.

Logo da escisión, as unidades do Na Fianna Éireann Oficial encontrábanse principalmente en Belfast e Newry, seguindo o modelo socialista imposto polo Official Sinn Féin e renomeándose a finais dos setenta como Movemento Democrático da Xuventude Irlandesa (IDYM), que abandonou o seu adestramento paramilitar e continuou como movemento escoltista, creando lazos con grupos semellantes de partits socialistas e comunistas, como a Freie Deutsche Jugend (Xuventude Libre de Alemaña) da República Democrática Alemana. Coa reorganización do Sinn Féin-The Workers Party como The Workers Party (Partido dos Traballadores de Irlanda) en 1982, a IDYM converteuse simplemente nas Xuventudes do Partido dos Traballadores, co que continúa hoxe en día.

Antigos xefes[editar | editar a fonte]

Chief Scouts[editar | editar a fonte]

Membros destacados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligzóns externas[editar | editar a fonte]