Fiama Hasse Pais Brandão
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Fiama Hasse Pais Brandão, nada en Lisboa o 15 de agosto de 1938 e finada na mesma cidade o 19 de xaneiro de 2007, foi unha escritora, poetisa, dramaturga, ensaísta e tradutora portuguesa.
Traxectoria [editar]
Pasou a súa infancia entre unha quinta en Carcavelos e o St. Julian's School. Foi estudante de Filoloxía Xermánica na Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa, chegando a fundar, xunto a outros, o Grupo de Teatro de Letras. Casou con Gastão Cruz.
Estreouse como autora con Em Cada Pedra Um Voo Imóvel (1957), obra que lle valeu o Premio Adolfo Casais Monteiro. A partir de aí, gañou notoriedade no medio literario coa revista/movemento Poesia 61, onde publicou o texto "Morfismos". É considerada como unha das máis importantes escritoras do movemento que revolucionou a poesía nos anos 60. Foi premiada en 1996 co Gran Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores. O seu libro Cenas Vivas foi distinguido en 2001 co premio literario do P.E.N. Clube Português.
A súa actividade no teatro iniciouse, en 1964, no Teatro Experimental do Porto e coa frecuencia dun seminario de teatro de Adolfo Gutkin na Fundación Calouste Gulbenkian, en 1970. En 1974, foi un dos fundadores do Grupo Teatro Hoje, sendo a súa primeira directora de escena coa obra Marina Pineda, de Federico García Lorca. En 1961 recibiu o Premio Revelación de Teatro, pola obra Os Chapéus de Chuva. É autora de varias pezas de teatro.
Traduciu obras da lingua alemá, da lingua inglesa e da lingua francesa, de John Updike, Bertold Brecht, Antonin Artaud, Novalis e Anton Tchekov, entre outros.
Colaborou en publicacións como Seara Nova, Cadernos do Meio-Dia, Brotéria, Revista Vértice, Plano, Colóquio-Letras, Hífen, Relâmpago e A Phala.
Principais obras [editar]
- 1961 – "Morfismos", en Poesia 61
- 1967 – Barcas Novas
- 1970 – (Este) Rosto
- 1974 – Novas Visões do Passado
- 1976 – Homenagem à literatura
- 1978 – Área Branca
- 1978 – Melómana
- 1985 – Âmago I/Nova Arte
- 1986 – F de Fiama (antoloxía)
- 1989 – Três Rostos
- 1974 – O Texto de Joao Zorro (obra poética)
- 1991 – Obra Breve (obra poética)
- 1995 – Cântico maior
- 1996 – Epístolas e Memorandos