Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Festival Internacional do Novo Cine Latinoamericano da Habana inaugurouse o 3 de decembro de 1979. Para a primeira edición convocáronse máis de 600 cineastas latinoamericanos, convocados pola ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos). O premio entregado polo festival é o Gran Premio Coral, símbolo tomado dos grandes arrecifes de coral que poboan o Mar Caribe.
A sona do festival recae na súa intención de servir de plataforma a aquelas producións que sofren do anonimato internacional (en primeira instancia, pola produción industrial de Hollywood) e de ser un dos festivais máis importantes do cine latinoamericano.
Gran Premio Coral - Primeiro Premio [editar]
- 2010: La vida útil (Uruguay).
- 2009: La teta asustada (Perú).
- 2008: Tony Manero (Chile e Brasil).
- 2007: Luz silenciosa (México).
- 2006: O Céu de Suely (Brasil).
- 2005: Iluminados por el fuego (Arxentina).
- 2004: Whisky (Uruguay).
- 2003: Suite Habana (Cuba, documental).
- 2002: Ciudad de Dios (Brasil) e Tan de repente (Arxentina).
- 2001: La Ciénaga (Arxentina).
- 2000: Eu Tu Eles (Brasil).
- 1999: Garage Olimpo (Arxentina).
- 1998: La vida es silbar (Cuba).
- 1997: Martín (Hache) (Arxentina e España).
- 1996: Profundo carmesí (México).
- 1995: El callejón de los milagros (México).
- 1994: Principio y fin (México).
- 1993: Fresa y chocolate (Cuba-España-México).