Festas Carneas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os espartanos tiñan a estrita obriga de celebrar as festas Carneas, que tiñan lugar entre os días 7 e 15 do mes Carneo, que correspondía ó mes ático de Metaxitnión (entre xullo e agosto). O último día destas festas, dedicadas a Apolo Carneo, coincidía coa lúa chea, e antes de que rematasen non podían poñerse en campaña.

Segundo Herodoto, estas festas foran a causa de que os espartanos non puidesen chegar a tomar parte na Batalla de Maratón. A batalla acontecera o día 12 e coma a lúa chea tivera lugar a noite do 11 ó 12 de agosto do ano 490 antes de Cristo, non puideron acudir en axuda dos atenienses.

Foi tamén o motivo para a demora da partida de todo o contixente espartano para acudir ás Termópilas e á posterior batalla.