Gusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ferro gusa")

A gusa é un produto intermedio na produción de aliacións férricas, obtense do alto forno onde se produce a redución do mineral de ferro fundido con carbón. Non ten aplicacións tecnolóxicas e toda a produción é dedicada á transformación en aceiro ou en ferro fundido. Tradicionalmente a gusa colabase en lingotes e dai ia ao forno de produción de aceiro, hoxe este proceso é antieconómico e a gusa fundida lévase normalmente nese estado até un convertedor.