Ferro de pasar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferro de pasar eléctrico.
Ferro de pasar de carbón.

O ferro de pasar é un utensilio formado por unha prancha triangular de metal que se quenta por medio de brasas ou electricidade.[1]

Aplicacións[editar | editar a fonte]

A súa aplicación fundamental é alisar roupa e quitarlle as engurras á roupa.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente a roupa sen engurras considerábase un símbolo de distinción entre clases sociais. Os primeiros utensilios utilizados eran pezas lisas de madeira ou ferro que se pasaban sobre a roupa en frío. No século XVII as familias modestas utilizaban unha peza lisa de ferro con mango que se quentaba colocándoa sobre o lume. Este instrumento tiña a desvantaxe de manter a calor pouco tempo e deixar feluxe sobre a roupa. Na mesma época as familias acomodadas utilizaban o ferro de pasar con caixa que contiña brasas e mantiña a calor durante máis tempo. No ano 1882 o norteamericano Henry W. Seely ideou o ferro de pasar eléctrico, aínda que non tivo utilidade práctica ata 1924 coa introdución do termóstato regulable. O ferro de pasar eléctrico con difusores de vapor foi comercializado en 1926 pola compañía Eldec. No século XXI este utensilio doméstico é amplamente utilizado nos fogares de todo o mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ferro_de_pasar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]