Ferreiros, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferreiros
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°35′30″N 7°22′48″O / 42.591666666667, -7.38Coordenadas: 42°35′30″N 7°22′48″O / 42.591666666667, -7.38
Área8,68 km²
Poboación65 hab. (2011)
Densidade7,49 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Ferreiros é unha parroquia da Pobra de Brollón, na comarca de Terra de Lemos. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 65 habitantes (31 homes e 34 mulleres) agrupados en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 7,49 hab./km². En 1991 tiña 106 habitantes.

Limita ao norte coas parroquias da Ferreirúa, San Pedro do Incio e Trascastro polo norte, Saa polo leste, Saa e Castrosante polo sur, e Veiga polo oeste.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira noticia documental que temos sobre esta parroquia data do 18 de abril de 1181 cando Elvira Fernández fai doazón dunha parte do mosteiro de Ferreiros á Orde Hospitalaria de San Xoán. Así mesmo, Martín Pérez, el Mosero, ofreceu á Igrexa de Santa María de Lugo e ao seu bispo o dereito de padroado que lle pertencía en San Salvador de Ferreiros, en compensación do sacrilexio que cometera ao violar a Igrexa de Lóuzara.

Patrimonio artístico[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de San Salvador. Conserva restos románicos do século XII e partes do século XVII. O templo é de nave ábsida rectangular, porta con arco de medio punto que oculta o tímpano, canzorros xeométricos e ocultos con figuras. No interior conserva pinturas e murais que representan a Anunciación, que poden ser do século XV ou principios do XVI. Cofraría de san Brais, da que hai documentación dende o ano 1723 e as Confreirias do Santísimo, san Sebastián e santa Lucía.
  • Casa de Díaz: Conserva un escudo, edificio contiguo ó templo cunha inscrición do ano 1788 sobre a que aparece unha cruz e unha lenda na parte posterior que reza: Francisco Gil. Un pombal destaca na casa de enfronte que semella que foi a reitoral. As dúas casas puideron pertencer ó igrexario.
  • O Mosteiro: Cenobio feminino pertence á Orde de San Xoán de Hospital, en cuxa lembranza queda a igrexa parroquial de San Salvador de Ferreiros, do arciprestado de Santalla de Rei. Entre as xentes do lugar perdura a tradición do mosteiro.
  • Capela de Santa María Madanela, no lugar da Veneira de Roques.

Festividades[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ferreiros[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ferreiros no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

O Campo | Cima de Vila | Fondo de Vila | Forgas | A Lama | O Souto | A Veneira de Roques

Parroquias da Pobra do Brollón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]