Fernando Távora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Távora
Nome completoFernando Luís Cardoso Meneses de Tavares e Távora
Nacemento25 de agosto de 1923
Lugar de nacementoPorto
Falecemento3 de setembro de 2005
Lugar de falecementoMatosinhos
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupaciónarquitecto e profesor universitario
Premiosdoutor honoris causa da Universidade de Coimbra e Comendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
Na rede
IMDB: nm6011178 WikiTree: Cardoso_Meneses_Tavares_Távora-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fernando Luís Cardoso de Meneses e Tavares de Távora, nado no Porto o 25 de agosto de 1923 e finado o 3 de setembro de 2005 en Matosinhos, foi un arquitecto portugués residente no Porto, decano dos arquitectos portugueses.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando Távora foi un dos fundadores da chamada Escola arquitectónica do Porto, mestre de Álvaro Siza e Souto de Moura. Introduciu a partir dos anos 50 a arquitectura moderna en Portugal, cunha reflexión sobre o papel social da arquitectura, en oposición ás realizacións e ós discursos oficiais da época. Como creador dunha nova lóxica de construción, prestou sempre atención ás paisaxes orixinais, utilizándoas como datos culturais que deben ser integrados no diálogo coa construción final.

No ámbito pedagóxico contribuíu de forma moi significativa á consolidación do curso de Arquitectura da Escola de Belas Artes do Porto (máis tarde Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto) e do curso de Arquitectura do Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra, que axudou a construír ó final da década dos 80.

Existe un documental da RTP dedicado a súa persoa, con guión de António Silva e realización de Cristina Antunes.

Hoxe hónrase a súa memoria co Premio Fernando Távora de arquitectura.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]