Fernando Schwartz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Schwartz na Feira do Libro de Madrid, 6 de xuño de 2008

Fernando Schwartz, nado en Xenebra en 1937, é un escritor español

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como diplomático durante 25 anos e fillo de diplomáticos viviu en varios países. Foi o embaixador de España en Kuwait e nos Países Baixos e portavoz do goberno para asuntos exteriores ata retirarse en 1988.

Traballou máis tarde para o grupo PRISA sendo conselleiro editorial de El País, portavoz do grupo e director de comunicación. Foi profesor de Opinión na Escola de Periodismo El País-Universidade Autónoma de Madrid e copresentador, xunto a Máximo Pradera (e máis tarde xunto a Ranón Arangüena e Ana García Siñeriz) do programa Lo más Plus de Canal +. Reside entre Madrid e Mallorca coa súa familia.

Bibliografía parcial[editar | editar a fonte]

  • Vichy 1940, 2006
  • Cambio dos de veinticinco por una de cincuenta, 2002
  • Educación y descanso. Las anécdotas de la diplomacia, 2000
  • El engaño de Beth Loring, 2000
  • El desencuentro, 1996
  • La venganza, 1988
  • La conspiración del Golfo, 1982
  • La internacionalización de la guerra civil española, 1971

Premios e distincións[editar | editar a fonte]