Fernando Olvera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Olvera
Maná - Rock in Rio Madrid 2012 - 06.jpg
Concerto en Rock in Rio Madrid 2012
Nome completo José Fernando Emilio Olvera Sierra
Alias Fher Olvera
Naceu 8 de decembro de 1959 en Puebla, México Flag of Mexico.svg
Ocupación (s) Compositor
Guitarrista
Vocalista
Activista
Xénero Rock
Instrumento(s) Guitarra
Harmónica
Selo(s) discográfico (s) Universal Music
Relacionado con Maná
Sombrero Verde
Tempo en activo 1978-actualidade
Na rede
mana.com.mx

Jose Fernando Emilio Olvera Sierra, coñecido como Fher Olvera, nado en Puebla, México, o 8 de decembro de 1959, é o compositor, guitarrista e vocalista da banda de rock mexicana Maná.

Licenciado en Comunicación pola Universidade de UNIVA, os seus inicios musicais remóntanse a cando estudaba primaria, época na que participaba no coro da escola no que cantaba temas de Agustín Lara e Consuelito Velázquez.

Traxectoria musical[editar | editar a fonte]

O xermolo do que hoxe é Maná foi a banda Green Hat formada en 1978, que axiña pasou a chamarse Sombrero Verde (1980). Fher Olvera foi parte desta formación que, malia o nome e as cancións en inglés dun primeiro momento, axiña se identificou coas súas raíces latinas.

En 1986 a banda troca o seu nome polo de Maná. Desde a formación de Green Hat até a actualidade, Fernando Olvera está vencellado a esta banda, que sufriu moitos cambios ao longo dos anos.

Influencias musicais[editar | editar a fonte]

O mesmo Fher Olvera di que desde neno escoitou moito rock, xa que era o xénero do que gustaban as súas irmás maiores. Destas primeiras influencias destacan The Beatles e The Doors. Na actualidade confesa ser un grande admirador de Paul McCartney e Sting, aos que desexa imitar no que se refire ao seu estilo

Compromiso social[editar | editar a fonte]

Fernando Olvera é coñecido non só como artista musical, senón tamén polo seu compromiso social. Preocúpanlle os conflitos sociais, o medio ambiente... Neste senso, destaca a súa excelente relación con Bono de U2, quen tamén é coñecido polo seu compromiso social.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]