Fernando Namora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Namora

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Fernando Gonçalves Namora Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1919 Editar o valor em Wikidata
Condeixa-a-Nova, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra (–1942) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , poeta , ensaísta , médico escritor , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webfernando-namora.blogspot.com Editar o valor em Wikidata


Fernando Gonçalves Namora (Condeixa-a-Nova 15 de abril de 1919Lisboa, 31 de xaneiro de 1989) foi un médico e escritor portugués, autor dunha extensa obra, das máis divulgadas e traducidas nos anos 1970 e 1980.[1] Existe uma escola secundaria co seu nome en Condeixa-a-Nova.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina (1942) pola Facultade de Medicina da Universidade de Coímbra, pertenceu á Xeración dos 40, grupo literario que reuniu personalidades como Carlos de Oliveira, Mário Dionísio, Joaquim Namorado ou João José Cochofel, moldeándoo, certamente, como home, á semellanza do exercicio da profesión médica, primeiro na súa terra natal despois nas rexións da Beira Baixa e Alentejo, en lugares como Tinalhas, Monsanto e Pavia, até que, en 1951, acabaría por se instalar en Lisboa -onde, curiosamente, moi novo, estudara no Liceu Camões-, como médico asistente do Instituto Português de Oncologia.[2]

O seu volume de estrea foi Relevos (1937), livro de poesia, baixo a influencia de Afonso Duarte e do grupo da Presença. Mais xa publicara en conxunto con Carlos de Oliveira e Artur Varela, un pequeno libro de contos Cabeças de Barro. En 1938 xorde a súa primeira As Sete Partidas do Mundo que viría a ser galardoada co Premio Almeida Garrett no mesmo ano en que recibe o Premio Mestre António Augusto Gonçalves, de artes plásticas - na categoría de pintura. Aínda estudante e con outros compañeiros de xeración funda a revista Altitude e entra no proxecto do Novo Cancioneiro (1941), colección poética de 10 volumes que se inicia co seu libro-poema Terra, sinalando[3] a chegada do neo-realismo, tendo esta iniciativa colectiva, nada nas tertulias de Coímbra, de João José Cochofel, demarcado ese punto de viraxe na literatura portuguesa. Na mesma liña estética, mais de ficción, é lanzada a colección dos Novos Prosadores (1943), pola Coimbra Editora, reunindo as novelas Fogo na Noite Escura de Namora, Casa na Duna de Carlos de Oliveira, Onde Tudo Foi Morrendo de Vergílio Ferreira, Nevoeiro de Mário Braga ou O Dia Cinzento de Mário Dionísio, entre outros.[4]

Cunha obra literaria que se desenvolve ao longo de cinco décadas é de salientar a súa precoz vocación artística, de feitura naturalista e poética, tal como a importancia do período de formación en Coímbra, máis as súas tertulias e movementos estudantís. Ao darse a madureza estética do neo-realismo e coincidente coas vivencias dos anos 50, seguiría por novos camiños, a través dunha interpretación persoal da narrativa, que o levaría a situarse entre a ficción e a análise social. Os moitos textos que escribiu, nos diferentes momentos ou fases da vida literaria, presentan retratos con aspectos de picaresco, observacións naturalistas e algún existencialismo. Independentemente do encadramento, Namora foi un escritor dotado dunha profunda capacidade de análise psicológica, inseparábel dunha grande sensibilidade e linguaxe poética.[3] Escribiu, ademais de obras de poesía e novelas, contos, memorias e impresións de viaxe, destacando os cadernos de um escritor, que proporcionan un diálogo vivo co lector, a abertura a outras culturas, terras e xentes, a visión dun mundo en transformación, dunha realidade emerxente, expresa en Estamos no Vento (febreiro de 1974).

Entre os moitos títulos que publica en prosa están Fogo na Noite Escura (1943), Casa da Malta (1945), As Minas de S. Francisco (1946), (capítulo inédito publicado no nº 16 da revista Mundo Literário [5] existente entre 1946 e 1948), Retalhos da Vida de um Médico (1949 e 1963), A Noite e a Madrugada (1950), O Trigo e o Joio (1954), O Homem Disfarçado (1957), Cidade Solitária (1959), Domingo à Tarde (1961, Prémio José Lins do Rego), Os Clandestinos (1972), Resposta a Matilde (1980) e O Rio Triste (1982, Prémio Fernando Chinaglia, Prémio Fialho de Almeida e Prémio D. Dinis). Ou, as biografías noveladas de Deuses e Demónios da Medicina (1952). Alén dos títulos xa referidos, publicou en poesía Mar de Sargaços (1940), Marketing (1969) e Nome para uma Casa (1984) . Toda a súa produción poética seminal foi reunida nuunha antoloxía (1959) denominada As Frias Madrugadas. Escribiu tamén sobre o mundo e a sociedade en xeral, na forma de narrativas noveladas ou de anotacións de viaxe e reflexións críticas, sendo diso exemplo Diálogo em Setembro (1966), Um Sino na Montanha (1968), Os Adoradores do Sol (1971), Estamos no Vento (1974), A Nave de Pedra (1975), Cavalgada Cinzenta (1977), URSS, Mal Amada, Bem Amada e Sentados na Relva, ambos de (1986). Mais foron as novelas como os Retalhos da Vida de um Médico, O Trigo e o Joio, Domingo à Tarde, O Homem Disfarçado ou O Rio Triste, que foron traducidos a diversas linguas, tendo inclusive, en 1981, sido proposto para o Premio Nobel de Literatura, pola Academia das Ciências de Lisboa e polo PEN Clube.[6]

Se quisermos contextualizar, sistematizar a súa obra en fases distintas de creación literaria, podemos identificar:

  • o ciclo de xuventude, principalmente cando estudante en Coímbra, coincidente co libro-poema Terra e a novela Fogo na Noite Escura.
  • o ciclo rural, entre 1943 e 1950, representado polas novelas Casa da Malta (escrita en 8 días) e Minas de San Francisco, ou por A Noite e a Madrugada, O Trigo e o Joio sen esquecer os Retalhos da Vida de um Médico, cuxa edición española (1ª tradución) presenta o prefacio de Gregório Marañón;
  • o ciclo urbano, coincidente coa súa chegada a Lisboa, marcado pola soidade e vivencias do cotiá, e que se verá na novela O Homem Disfarçado, en Cidade Solitária ou no Domingo à Tarde;
  • o ciclo cosmopolita, ou sexa, dos cadernos de um escritor, no final dos anos 60 e década de 70, explicado polas moitas viaxes que fixo, especialmente á Escandinavia, e pola súa participación nos encontros de Nenebra;
  • o ciclo final, entre a ficción contemporánea, que se ve na novela O Rio Triste ou Resposta a Matilde e as reflexións íntimas de Jornal sem Data (1988).[6]

Sendo talvez unha das súas obras máis coñecidas, Retalhos da Vida de um Médico, foi a primeira a ser adaptada ao cinema, por intermedio do realizador Jorge Brum do Canto (en 1962, filme selecionado para o Festival de Berlín), e logo a serie televisiva, da responsabilidade de Artur Ramos e Jaime Silva (1979-1980).

O Trigo e o Joio foi adaptado para o cinema en 1965, por Manuel Guimarães, con Manuel da Fonseca. Do mesmo realizador, para televisión e en 1969, foi o documental Fernando Namora.

Domingo à Tarde (seleccionado para o Festival de Venecia), foi realizado por António de Macedo en 1965 e contou con atores como Isabel de Castro, Ruy de Carvalho e Isabel Ruth.

En 1975, xorde Fernando Namora – Vida e Obra, realizado por Sérgio Ferreira. Tamén en 1975 Namora colaborou na publicación periódica Jornal do Caso República[7] (1975)

A Noite e a Madrugada, de 1985, debe a súa realización a Artur Ramos. Resposta a Matilde, de 1986, foi adaptado a televisión por Dinis Machado e Artur Ramos, coa participación de Raúl Solnado e Rogério Paulo.

Foi sepultado no Talhão dos Artistas do Cemitério dos Prazeres, en Lisboa.

Obras[editar | editar a fonte]

  • As Sete Partidas do Mundo, novela– 1938
  • Terra, novela, 1941
  • Fogo na Noite Escura, novela– 1943
  • Casa da Malta, novela– 1945
  • Minas de San Francisco, novela– 1946
  • Retalhos da Vida de um Médico, narracións / primeira série – 1949
  • A Noite e a Madrugada, novela– 1950
  • Deuses e Demónios da Medicina, biografías noveladas– 1952
  • O Trigo e o Joio, novela– 1954
  • O Homem Disfarçado, novela– 1957
  • Cidade Solitária, narracións– 1959
  • As Frias Madrugadas', poesía / antoloxía – 1959
  • Domingo à Tarde, novela– 1961
  • Retalhos da Vida de um Médico, narracións (segunda serie) – 1963
  • Diálogo em Setembro, crónica novelada– 1966
  • Um Sino na Montanha, cadernos dun escritor – 1968
  • Marketing, poesía – 1969
  • Os Adoradores do Sol, cadernos dun escritor – 1971
  • Os Clandestinos, novela– 1972
  • Estamos no Vento, narrativa literario-sociolóxica – 1974
  • A Nave de Pedra, cadernos dun escritor – 1975
  • Cavalgada Cinzenta, narrativa – 1977
  • Encontros, entrevistas – 1979
  • Resposta a Matilde, divertimento – 1980
  • O Rio Triste, novela– 1982
  • Nome para uma Casa, poesía – 1984
  • URSS mal amada, bem amada', crónica – 1986
  • Sentados na Relva, cadernos dun escritor – 1986
  • Jornal sem Data, cadernos dun escritor – 1988

Premios e honras[editar | editar a fonte]

  • Prémio Ricardo Malheiros (1953)
  • Medalla de Ouro da "Societé d'Encouragement au Progrés" (1979)
  • Grande-Oficial da Antiga, Nobilíssima e Esclarecida Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, do Mérito Científico, Literário e Artístico (3 de setembro de 1979)[8]
  • Prémio D. Dinis (1982)
  • Grã-Cruz da Ordem do Infante D. Henrique (26 de maio de 1988)[8]
  • Grã-Cruz da Ordem da Liberdade (29 de agosto de 2019, a título póstumo)[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agência Lusa (2009), “Aquando dos 20 anos do falecimento do autor. ”, Lisboa: http://noticias.sapo.pt/lusa/artigo/f9441e482aa808c72c6a95.html Arquivado 07 de xullo de 2015 en Wayback Machine. Notícia da Lusa.
  2. Namora (1987), “Autobiografia”, Lisboa: ed. O Jornal. (en portugués)
  3. 3,0 3,1 Vieira Reis, Carlos (2000), “Fernando Namora- Médico, Escritor, Artista, Argumentista e Humanista Universal: 1919-1989”, Lisboa: http://vidaslusofonas.pt/namora.htm Arquivado 28 de maio de 2015 en Wayback Machine.. (en portugués)
  4. Arquivo Fernando Namora (2011), “Fotografias e documentação bio-bibliográfica.”, Lisboa: http://fernando-namora.blogspot.com. (en portugués)
  5. Roldão, Helena (27-01-2014). "Ficha histórica: Mundo literário: semanário de crítica e informação literária, científica e artística (1946 1948)." (pdf) (en portugués). 
  6. 6,0 6,1 "Adoaçado o espolio de Fernando Namora". bnportugal (en portugués). 
  7. "Jornal do Caso Repúlica". hemerotecadigital (en portugués). 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas".