Fernando Martínez Randulfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Martínez Randulfe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1934 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 2022 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElvira Landín Aguirre Editar o valor em Wikidata
PaiÁngel Martínez Doval Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Martínez Randulfe e Teresa Martínez Randulfe Editar o valor em Wikidata
Víctor Freixanes, Camilo Nogueira, Ana Gandón e Fernando Martínez Randulfe en 2016.

Ángel Fernando Martínez Randulfe, nado en Ourense en 1934 e finado en Vigo o 12 de marzo de 2022, foi un avogado e político galego, que militou en Esquerda Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Ourense e comezou a traballar no colexio Concepción Arenal desa cidade, propiedade do seu pai Ángel Martínez Doval, trasladouse a Vigo, onde desenvolveu a súa carreira profesional como avogado especializado en asuntos laborais, no despacho fundado con Elvira Landín. Vencellado inicialmente aos xesuítas, afiliouse a Esquerda Galega, encabezou a candidatura polo provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas, pero non conseguiu escano. Catro anos máis tarde si que o obtivo, ao figurar como número dous da candidatura do PSG-EG pola provincia de Pontevedra nos comicios de 1985.

Nos últimos anos foi presidente de Esculca, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades civís en Galicia. Finou en Vigo o 12 de marzo de 2022.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Elvira Landín, coa que tivo dúas fillas, Amaya e Iria. É irmán de quen fora senador do PPdeG Manuel Martínez Randulfe e da embaixadora Teresa Martínez Randulfe, ademais de catro irmáns máis.

Foi o tío do escritor feminista Gorka Mola Landín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Morre o avogado laboralista Fernando Martínez Randulfe". nosdiario.gal. 13 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]