Fernando Mamede
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Eugénio Pacheco Mamede, nado o 1 de novembro de 1951 en Beja, foi un atleta portugués.
Biografía [editar]
Como atleta, militou no Sporting Clube de Portugal. Bateu récords internacionais de atletismo. Foi un dos medio-fondistas do país con maior relevo, ostentando o récord mundial dos 10.000 metros entre 1984 e 1989.
Mamede conseguíu o récord do mundo e da Europa, en Estocolmo (Suecia), o 2 de xullo de 1984, cun tempo de 27'4381. O récord foille arrebatado no 1989 polo mexicano Arturo Barrios.
Feitos deportivos [editar]
- 27 récords nacionais de Portugal
- 1 record mundial (10000 metros)
- 3 records europeos
- 20 títulos nacionais portugueses