Fernando Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Lamas
Nome completoFernando Álvaro Lamas y de Santos
Nacemento9 de xaneiro de 1915
LugarBuenos Aires
Falecemento8 de outubro de 1982
LugarOs Ánxeles
Causacancro de páncreas
SoterradoAngelus-Rosedale Cemetery
NacionalidadeArxentina e Estados Unidos de América
Cónxuxe(s)Arlene Dahl, Esther Williams e Perla Mux
FillosLorenzo Lamas
Profesiónguionista, actor de televisión, actor de cinema, director de televisión e director de cinema
Na rede
IMDB: nm0482881 Allocine: 76696 Allmovie: p98524 TCM: 107537 IBDB: 48756
Musicbrainz: ce40579c-4888-499f-baa1-d13e9833a3bb Discogs: 1476287 WikiTree: Lamas-6 Find a Grave: 6046179 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fernando Álvaro Lamas, nado en Buenos Aires o 9 de xaneiro de 1915 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de outubro de 1982, foi un actor e director arxentino que desenvolveu a súa carreira en Estados Unidos. É pai do actor estadounidense Lorenzo Lamas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Buenos Aires, e en 1942 xa era coñecido no ambiente cinematográfico arxentino. En 1951 asina un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer e múdase a Hollywood para actuar en papeis de "Latin Lover".

Lamas dirixiu por primeira vez en 1963. Foi un filme en castelán titulado Magic Fountain, coa estrela (a súa dona) Esther Williams. Foi moi activo como director de televisión, gravando episodios de Mannix, The Violent Ones, Alias Smith and Jones, Starsky and Hutch. Na serie Falcon Crest, onde participaba seu fillo Lorenzo, actuou xunta del.

Lamas fíxose popular polo personaxe "Fernando", creado por Billy Crystal en Saturday Night Live a mediados da década de 1980, un personaxe sobreactuado e esaxerado, pero moi exitoso.

Faleceu por mor dun cancro de páncreas nos Ánxeles aos 67 anos de idade.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Lamas casou catro veces, con Pearl Mux (de 1940 até 1944), Lydia Babacci (1946 - 1952), coa actriz Arlene Dahl (1954 - 1960) e coa nadadora e actriz Esther Williams (1969 - 1982).

Tivo unha filla, Maria Cristina, con Mux e outra, Alejandra, con Babacci, e un fillo, o actor Lorenzo Lamas (nado o 20 de xaneiro, 1958), con Dahl.