Fernando González Laxe
| Fernando González Laxe | |
|
|
|
|---|---|
| 26 de setembro de 1987 – 5 de febreiro de 1990 | |
| Vicepresidente | Xosé Luís Barreiro e Javier Suárez Vence |
| Precedido por | Gerardo Fernández Albor |
| Sucedido por | Manuel Fraga Iribarne |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 6 de setembro de 1952 (60 anos) A Coruña, España |
| Partido | PSdeG-PSOE |
| Profesión | Profesor de universidade, política |
Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.
Índice |
Traxectoria[editar]
Formación[editar]
É licenciado e doutor en Ciencias Económicas. Principiou a súa carreira profesional en 1975 como profesor de estrutura económica no colexio universitario da Coruña, foi un dos fundadores de ADEGA, chegando a ser o seu secretario xeral[1] e afiliado ó Partido Socialista Galego.
Política[editar]
En 1977 entrou no Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) co cal foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.
González Laxe foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977 e ó senado nas de 1979, sen obter escano en ningunha delas.
Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade que representante español na Conferencia Mundial da FAO sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa Comunidade Económica Europea.
En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato Xerardo Fernández Albor formou goberno. En 1987 González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de Xosé Luís Barreiro, contando ademais, tras o coñecido como Pacto dos Tilos, co apoio de Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego cos que formou un goberno de coalición tripartito o 28 de setembro de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de Manuel Fraga, o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.
En 1986 foi designado senador en representación da comunidade autónoma, posto no que permaneceu ata 1989.
Retirada da política activa[editar]
No ano 2000 deixou o posto de senador e en 2001 deixou de ser deputado no Parlamento de Galicia. Non volveu ocupar postos de relevancia política e na actualidade é catedrático de economía aplicada na Universidade da Coruña. En abril de 2009 foi nomeado presidente do Organismo Público Portos do Estado[2].
Obra en galego[editar]
Ensaio[editar]
Notas[editar]
| Predecesor: Xerardo Fernández Albor |
Presidente da Xunta de Galicia 1987 - 1989 |
Sucesor: Manuel Fraga Iribarne |
|
|||||||||