Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando I de Habsburgo»)
Infotaula de personaFernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1503 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Alcalá de Henares (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1564 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Vito Editar o valor em Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
27 de agosto de 1556 (Gregoriano) – 25 de xullo de 1564 (Gregoriano)
← Carlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoMaximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
Apostolic King of Hungary (en) Traducir
17 de decembro de 1526 – 25 de xullo de 1564 (finado no cargo)
← Luís II da Hungria (pt) TraducirMaximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
19º Rei de Bohemia
1526 – 1564
← Luís II da Hungria (pt) TraducirMaximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
Príncipe elector
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata , monarca , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperador
Rei Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAna da Boêmia e Hungria (pt) Traducir (1521, 1521 (Gregoriano)–1547) Editar o valor em Wikidata
FillosJoana de Áustria, Grã-Duquesa da Toscana (pt) Traducir, Ana de Habsburgo-Jagelão (pt) Traducir, Fernando II da Áustria (pt) Traducir, Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico, João de Habsburgo (pt) Traducir, Isabel de Habsburgo (pt) Traducir, Helena da Áustria (pt) Traducir, Maria de Habsburgo, Duquesa de Jülich-Cleves-Berg (pt) Traducir, Catarina de Áustria (pt) Traducir, Carlos II de Estiria, Magdalena von Österreich (pt) Traducir, Bárbara de Habsburgo (pt) Traducir, Leonor da Áustria (pt) Traducir, Margarida da Áustria (pt) Traducir, Ursula von Habsburg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFilipe I de Castela Editar o valor em Wikidata  e Xoana I de Castela Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, Leonor da Áustria, Rainha de Portugal e de França (pt) Traducir, Maria de Habsburgo (pt) Traducir, Catarina de Áustria (pt) Traducir, Isabel da Áustria (pt) Traducir e Rietje Koane (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesLuís II da Hungria (pt) Traducir (cuñado)
Vladislau II da Hungria (pt) Traducir (sogro)
Isabel Clara Eugénia da Áustria (pt) Traducir (sobriña neta)
Fernando III de Habsburgo (neto)
Fernando II de Aragón (avó materno)
Isabel I de Castela (avoa materna)
Maximiliano I de Habsburgo (avó paterno)
María de Borgoña (avoa paterna) Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Habsburg-10 Find a Grave: 27340991 Editar o valor em Wikidata
Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Fernando I de Habsburgo, nado en Alcalá de Henares o 10 de marzo de 1503 e finado en Viena o 25 de xullo de 1564, foi Sacro Emperador Romano-Xermánico de 1556 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron o arquiduque da Austria Filipe I de Castela e a raíña Xoana I de Castela. O seu irmán máis vello era Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico.

Os seus títulos foron Arquiduque e duque da Austria, duque da Carníola, duque da Carintia, duque da Estíria e conde do Tirol a partir de 1520. Foi Rei de Hungría e de Bohemia a partir de 1526; rei da Croacia en 1540. En 1531, foi elixido Rei de romanos, o que fixo del herdeiro do Sacro Emperador Carlos V, seu irmán; Fernando gobernaba o Imperio nas ausencias do irmán. Asumiu a dignidade de Sacro Emperador en 1556 (coroado en 1558).

Educado na Península Ibérica, foi o neto favorito do rei Fernando II de Aragón, que prevía para el unha rexencia ibérica nas ausencias do irmán. Mais o seu outro avó, Maximiliano, obtivo para el a sucesión dobre en Bohemia e Hungría.

Carlos V recoñecera ao irmán polo Tratado de Worms (1521) a posesión e soberanía plena dos cinco Estados hereditários dos Habsburgos: os arquiducados e ducados da Alta e Baixa Austria, Caríntia, Estíria, Carníola, logo despois o condado do Tirol e posesións hereditarias da súa Casa no sur de Alemaña. Esta repartición constituíu o patrimonio de Fernando. Foi nomeado para gobernar o ducado de Vurtemberga e integrar o consello de rexencia que gobernaba a Alemaña nas ausencias do Emperador.

O 25 de maio de 1521, en Linz, Austria, Fernando casou con Ana Jagelán, filla de Ladislau II de Hungría e de Bohemia e de Ana de Foix-Candale.

Polas convencións de Bruxelas en 1522, recibiu o título de gobernador das rexións da Alemaña do Sur, do Tirol e da Alta Alsacia.

A época experimentou a expansión otomá, desde a caída de Constantinopla en 1453. En 1529, Viena estivo so asedio turco. Até o século XVII, Europa tería que convivir co adianto das forzas turcas, ameazando Sicilia, Malta e os territorios de Venecia.

Rei de Bohemia e de Hungría[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 1526, morreu o seu cuñado Lois II, rei de Bohemia e de Hungría, derrotado polas tropas otomás do sultán Suleiman o Magnífico, na batalla de Mohács.

Fernando foi escollido rei de Bohemia e rei de Hungría. Coroado rei de Bohemia en Praga, en febreiro de 1527, non puido asegurar a coroa de Hungría, pois alí Xoán Zápolya, príncipe da Transilvania, apoiado por parte da nobreza e despois polos turcos, mantiña a resistencia, aínda que compromiso posterior asegurase a integridade das posesións dos Habsburgos. O reino de Hungría tornouse obxecto dunha disputa dinástica entre os Habsburgos e Zápolyas, cada partido era apoiado por unha parcela da nobreza húngara. Fernando contaba ademais co apoio de seu irmán Carlos V.

En 1527, Fernando venceu a Batalla de Tokaj, porén non foi o suficiente para gañar o control de toda Hungría.

En 1529, as súas tropas repeliron con logro o ataque de Solimán á capital, Viena (Cerco de Viena), mesmo con Fernando xa tendo se retirado para Bohemia. Finalmente, en 1533 Fernando asinou tratado de paz co Imperio Otomán, dividindo o reino de Hungría entre os Habsburgos no oeste e Xoán Zápolya. En 1527 os Habsburgos deron inicio a un proceso histórico que levaría á incorporación das terras das coroas da Bohemia e Hungría ás súas posesións hereditárias.

En 1538, polo tratado de Nagyvárad, Fernando converteuse sucesor de Zápolya, sendo non obstante incapaz de impor o acordo.

A vida de Fernando ficou marcada por unha loita dobre: contra o islam, no Danubio, onde, tras a morte de seu cuñado Lois II en 1516, foi elixido rei da Bohemia e Hungría, debendo conter o adianto otomán sobre Viena. Non conseguiu tomar Buda en 1541 e tería que asinar unha tregua de oito anos (1562) pagando tributo annal ao sultán e recoñecemento, na Transilvania, da dinastía rival de Xoán Zápolya. A súa segunda loita estivo en contra os protestantes, cunha relativa indiferenza. Fernando, alumno e amigo dos xesuítas, deixárase influenciar na súa estadía en Flandres polos humanistas, sobre todo Erasmo. Participara da Asemblea de Ratisbona en 1524, que decidiu a reforma católica en Alemaña, constituíu cos cinco cantóns católicos primitivos de Suíza unha Unión Cristiá, en 1529, para combater a herexia protestante, asinou coa Liga de Esmalcalda o Tratado de Kadan e esmagou a revolta dos señores checos en Bohemia.

En 1540, Xoán Sexismundo Zápolya, fillo de Xoán con Sabela Jagelán, foi elixido rei de Hungría, inicialmente apoiado polo rei seu tío, Sexismundo II de Polonia e Lituania, irmán de Sabela. En 1549 un tratado foi asinado entre os Habsburgos e o soberano polaco: a Polonia ficou neutra no conflito cos Habsburgos e Sexismundo II casou con Isabel de Habsburgo, filla de Fernando I.

Como soberano de Austria, Bohemia e Hungría, Fernando I tentou centralizar e construír unha monarquía absoluta moderna. En 1527 editou unha constitución para os seus dominios hereditários (Hofstaatsordnung) e estabeleceu institucións á moda austríaca en Bratislava para Hungría, en Praga para a Bohemia e en Wrockaw (Breslau) para a Silesia. Unha forte oposición dos nobres forzouno en 1559 a declarar tales institucións libres de supervisión polo goberno central en Viena.

En 1551 chamou aos xesuítas a Viena e en 1556 a Praga, reactivando o arcebispado desta última. Príncipe católico, apoiou a Contra-Reforma.

Sacro Emperador Romano[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1531, Fernando fóra electo rei de romanos en Colonia, o que era un paso rumbo á coroa imperial. Recoñecido herdeiro de Carlos V ao trono imperial en 1551, a abdicación deste último en 1556 fixo que Fernando fose coroado Sacro Emperador en 1558, en Aachen.

Continuou a enfrentaru a ameaza externa da política expansionista do sultán Solimán, o Magnífico. Carlos V defendera Viena en 1529, mais as terras foran ameazadas de novo en 1532 e 1541. Afrontou aínda, como o irmán, a ameaza interna das divisións entre católicos e luteranos: en 1534, Filipe de Hesse, xefe político dos luteranos, arrancou o Vurtemberga do control dos Habsburgos e Fernando I apoiou o Emperador seu irmán na súa campaña de 1546-7 para destruír a Liga de Esmalcalda, formada por protestantes.

Talvez máis realista do que Carlos V, débese a Fernando a Paz de Augsburgo, de 1555.

Carlos V excluíu seu fillo o Infante Filipe, da sucesión imperial xermánica, que foi transmitida ao primoxénito de Fernando.