Fernando Arteaga Alzaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arteaga
Información persoal
Nome Fernando Arteaga Alzaga
Nacemento 27 de febreiro de 1960
Lugar de nacemento Abadiño
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Cultrural de Durango
Bilbao Athletic
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981-1982 Athletic de Bilbao 0 (0)
1982-1983 FC Cartagena 30 (3)
1983-1984 Bilbao Athletic 31 (6)
1984-1988 Celta de Vigo 86 (7)
1988-1989 Real Burgos 32 (2)
1989-1991 Mérida UD
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Fernando Arteaga Alzaga, nado en Abadiño (Biscaia) o 27 de febreiro de 1960, é un exfutbolista vasco, que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Cultural Durango, pasando con 20 anos ao Bilbao Athletic. Ao segundo ano en Lezama debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, porén non chegou a debutar en Primeira División. Ao ano seguinte xogou no Cartagena FC, da Segunda División, coincidindo co servizo militar obrigatorio. División na que tamén xogou no filial bilbaíno un ano despois.

A comezos da tempada 1984/85 ficha polo Celta de Vigo que buscaba o ascenso a Primeira División, obxectivo que conseguiu o equipo. Estivo no Celta un total de catro tempadas, ao final das cales fichou polo Real Burgos de Segunda División.

Finalmente retirouse xogando no Mérida UD na Segunda División B.