Fernando Antonio Mariño de Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Antonio Mariño de Lobeira
Biografía
Nacementoséculo XVII Editar o valor em Wikidata
Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós Editar o valor em Wikidata
PaiPedro Mariño de Lobeira Lemos Editar o valor em Wikidata
IrmánsAntonio Mariño de Lobeira Editar o valor em Wikidata

Fernando Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, nado en Pontevedra, foi un aristócrata galego do século XVII da Casa Mariño de Lobeira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Morgado de Pedro Mariño de Lobeira Lemos, herdou deste o señorío da Serra (en Outes), que converteu en marquesado da Serra o rei Carlos II en 1693. Tamén recibiu o título de viceconde de Albeos.

Casou inicialmente con Inés Enríquez de Monroy, e despois coa nobre galega Teresa Sarmiento Quirós Soutomaior, coa que tivo catro fillos, dos cales o maior foi varón e as tres restantes mulleres. O morgado, Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, foi o herdeiro dos seus títulos.

O seu irmán Antonio Mariño de Lobeira, militar do exército español, foi tamén distinguido co título de marqués de Mariño.