Fernando Álvarez Lamelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Álvarez Lamelas
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fernando Álvarez Lamelas, nado o 16 de marzo de 1935 en Xunqueira de Espadanedo, é un enxeñeiro e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de mestres, licénciase en enxeñería industrial en Madrid en 1960. Traballou como enxeñeiro en distintas empresas de fundición e construción en Cantabria e Euscadi. Entre elas a alemá Didier GmbH, que tiña parte das súas plantas en Bilbao. En 1970 asume a xerencia da bilbaína , da que posteriormente é nomeado conselleiro delegado. Participa na creación da filial española de Karrena GmbH, unha empresa alemá de material refractario e de construción de chemineas industriais. Finalmente compra a empresa nai en 1997 e convértese en presidente executivo da nova firma, que recibe o nome de Beroa e ten a súa sede en Ratingen (Alemaña). En 2000 xubílase e ocupa a presidencia do consello de administración[1].

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]