Fernão Lopes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaFernão Lopes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1385 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1458 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncronista , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lopes-360

Fernão Lopes, nado posiblemente na década de 1380 e finado en 1459 ou 1460, foi un historiador portugués, funcionario do Pazo e notario no Reino de Portugal que destacou polo seu traballo de cronista.

Biografía[editar | editar a fonte]

Os datos que chegan a nós sobre a vida de Fernão Lopes non son moitos. De orixe humilde, foi o encargado do Arquivo da Torre do Tombo desde 1418 e o escribán particular dos infantes Don Fernando e Don Duarte, quen lle mandou escribir unha Historia de Portugal.

Coñeceu a persoeiros importantes da súa época, coma Don João I ou Nuno Álvares Pereira, ligados á chamada Revolução de Setembro de 1383.

Obra[editar | editar a fonte]

Obras conservadas[editar | editar a fonte]

Crónica de D. Pedro

É a máis breve das súas crónicas.

Dispoñible para descargar no Projeto Gutenberg
Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
Crónica de D. Fernando
Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
Crónica de D. João I

É a máis extensa e tamén a de maior calidade. A obra comeza co asasinato de João Fernández de Andeiro, amante galego da raíña Leonor Teles. Isto leva ao Mestre de Avís (D. João I) ao poder, mais non é este o protagonista da crónica, senón Nuno Álvares Pereira (símbolo do pobo).

Podemos dividir a obra en dúas partes:

  • Primeira parte. Aprécianse dous centros narrativos:
  • Segunda parte:
    • Panexírico do rei, prólogo no que se describen as súas calidades (é católico, fiel á muller...)
    • Trinta capítulos dedicados á Batalla de Aljubarrota e á alianza anglo-portuguesa entre D. João e o Duque de Lancáster consistente no casamento de D. João con Filipa de Lancáster.
Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
Outras

É posíbel que escribise as crónicas dos reis Portugal desde Afonso I, xa que foi o que lle encargaran. Como mínimo tería escrito as de Sancho II, Afonso III e Afonso IV (hoxe perdidas). Hai teorías segundo as cales Rui de Pina tería redinfudido algunhas crónicas de Fernão Lopes, asinándoas como propias.

Características da súa obra[editar | editar a fonte]

A súa concepción da Historia e como esta se reflicte na súa obra[editar | editar a fonte]

  • O método de Fernão Lopes baséase na imparcialidade e na procura da verdade, busca contrastar as fontes e non traballar influído por aquel para o que traballa. Con todo, non sempre consegue ser sempre imparcial, xa que na descrición da Batalla de Aljubarrota déixase levar polo patriotismo.
  • Ten unha visión de conxunto da Historia.
  • O pobo dos séculos XIV e XV é o protagonista da súa obra e é presentado de xeito positivo, igual ca Nuno Álvares Pereira, símbolo da revolución perfecta, que se opón a D. João (Mestre de Avís), símbolo da revolución imperfecta para Fernão Lopes. As razóns que se teñen dado para explicar esta visión positiva do pobo son:
    • A orixe humilde do autor, a máis recorrida.
    • A busca da valorización de acontecementos pasados que fixesen posíbel a nova dinastía, que era apoiada polo pobo.
    • Buscar a simpatía do pobo.

Describe cuestións coma os aspectos contraditorios da Historia, a economía e o comportamento dos habitantes da cidade (Lisboa represéntase coma unha dama asediada polos casteláns). Tamén fai unha descrición diferente das guerras, dándolles grandeza cando o pobo loita pola liberdade (Nuno Álvares Pereira e criticándoas cando só son pretextos para que o rei gañe títulos). Inclúe tamén personaxes que falan en nome de todo o pobo.

Dise que Fernão Lopes supón o paso da crónica á Historia, xa que usa unha metodoloxía que a Historiografía non coñecerá de novo até o século XIX.

Estilo[editar | editar a fonte]

  • Fernão Lopes elabora as súas crónicas co estilo dunha novela ou dun filme, usando recursos literarios (diálogos, analepses, planos múltiplos...).
  • Comeza a domesticar a lingua portuguesa influído polas novelas de cabalarías, a prosificación dos cantares de xesta, os sermóns relixiosos e os contos populares.
  • É un autor no que se interesarán escritores posteriores, xa que describe moi ben a súa época, chegando a escribir sobre a psicoloxía do rei (do que di que é dubidoso e violento) ou de Leonor Teles (á que describe como forte e decidida).

Os continuadores de Fernão Lopes[editar | editar a fonte]

Se ben non se considera que acadasen a calidade de Fernão Lopes, téñense sinalado como continuadores seus a Gomes Eanes de Zurara e Rui de Pina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]