Fermoy - Mainistir Fhear Maí
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Fermoy Mainistir Fhear Maigh |
|||
|---|---|---|---|
| Lema: Seasaigí Go Buan | |||
| Provincia | Munster | ||
| Condado | condado de Cork | ||
| Poboación (2006) | 5.873 hab. | ||
| Altitude | 72 metros | ||
| Páxina web | www.fermoy.ie | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Fermoy (Mainistir Fhear Maigh en irlandés) é unha vila irlandesa situada ao sur da Illa, no condado de Cork (provincia de Munster).
Historia [editar]
O nome da vila vén da lingua irlandesa e fai referencia á abadía cisterciense fundada no século XII. Coa disolución dos mosteiros durante o período Tudor, a abadía e tódalas súas terras pasaron sucesivamente a mans de Sir Richard Grenville, Robert Boyle e William Forward.
Durante a ocupación británica, o campamento militar de Fermoy foi o campamento máis grande da Illa, construíndose un hospital militar con 130 camas. A vila de Fermoy medrou a raíz da presenza do exército británico ata 1922, cando se estableceu o primeiro Estado Libre Irlandés. Durante a Guerra da Independencia, Fermoy foi o escenario do primeiro ataque do IRA a tropas británicas o que fixo que a vila sufrira os ataques máis violentos por parte das forzas británicas, queimando parte do centro da vila.
Hoxe en día, o monte no que se atopaba o campamento denomínase Barrack Hill.