Fermín de Amiens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Fermín.

Fermín de Amiens, nado en Pamplona en 272 e finado en Amiens (Francia) o 25 de setembro de 303, foi un misioneiro cristián, primeiro bispo de Amiens, cuxa igrexa construíu. Foi decapitado aos 31 anos de idade. É patrón de Amiens, Lesaka, e co-patrón de Navarra xunto con San Francisco Xavier.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, naceu en Pompaelo (a actual Pamplona), fillo dun senador pagán de nome Firmo, un alto funcionario da administración romana que gobernou Pamplona no século III. A predicación de san Honesto, quen marchara á península tras ser milagrosamente liberado da súa prisión en Carcasona, conmoveu aos seus pais, quen con todo non se converteron ata oír a san Sadurniño de Tolosa. O santo bautizaría a Fermín e aos seus pais no lugar que hoxe se chama popularmente pocico de San Cernin.

Baixo a tutela de Honesto o mozo Fermín aprendeu a relixión e a arte da predicación. Aos 18 anos foi enviado a Tolosa, onde sería ordenado. Tras predicar en Navarra, marchou a Francia, onde se asentou en Amiens. Habendo organizado a construción da igrexa local, foi nomeado bispo aos 24 anos. A oposición oficial á doutrina cristiá fixo que fose encarcerado e decapitado.

En 1186 o bispo Pedro de París levou de Amiens a Pamplona unha reliquia da cabeza de Fermín.

Actualmente o seu santoral celébrase o 7 de xullo. En Pamplona conmemórase cunhas festas de fama internacional, os Sanfermines, nas que destacan os encerros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fermín de Amiens