Fermín Gómez Vigide
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 Asorei, España |
Morte | 26 de outubro de 2018 (96/97 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | botánico |
Lingua | Lingua castelá |
Fermín Gómez Vigide, nado en Asorei (Vila de Cruces) en 1921 e falecido en Noia en 2018, foi un frade, químico, xeólogo e botánico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi alumno do Seminario franciscano de Herbón (Padrón). Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (1945). Foi profesor en África. Estudoso da botánica, dende 1963 percorreu Galicia para estudar e recoñecer as diferentes plantas e flores; fixo coleccións de plantas e minerais. Publicou artigos científicos en revistas nacionais. Cedeu o seu herbario ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán en 2012.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Foi nomeado fillo predilecto de Vila de Cruces en 2014.