Fento macho
| Fento macho | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Dryopteris filix-mas (L.) Schott 1834 |
|||||||||||||||
O fento macho ou fieito macho (Dryopteris filix-mas, L.) é un dos máis comúns fieitos da familia Dryopteridaceae.
Índice |
Distribución e hábitat [editar]
É natural do Hemisferio Norte amornado, de Europa, Asia e América do Norte. Medra mellor en áreas sombreadas, e é particularmente común nas fragas. É moito menos abundante en América do Norte que en Europa.
Chámaselle "macho" en diferenza co máis delicado "fieito femia" Athyrium filix-femina
Descrición [editar]
Posúe un rizoma groso, confundíndose coa raíz, e dá orixe a frondes pecioladas, primeiro enroladas e cubertas de escamas castañas. As follas teñen un hábito de crecemento ascendente, acada unha lonxitude máxima de 15 dm, cunha soa coroa en cada pé de raíz. Son [[pínnula|bipinnuladas], con 20-35 pínnulas de cada lado do raque. As pínnulas son algo romas, e lobuladas iguais en todo o seu contorno. Os culmos cóbrense con escamas alaranxadas. Na cara abaxial das láminas maduras desenvólvense en dúas filas 5 a 6 soros. Cando as esporas maduran en agosto a novembro, o indusio comeza a secarse, axudando na dispersión das esporas.
Esta especie fai híbridos doadamente con Dryopteris affinis (fieito macho escamoso) e con Dryopteris oreades (fieito do monte).
Cultivo e usos [editar]
A raíz era empregada até hai pouco para expulsar estodas. E antes se referenciaba en antigas literaturas como fieito dos vermes. Tamén medra como fieito ornamental en xardíns.
Sinonimia [editar]
- Aspidium filix-mas (L.) Sw.
- Lastrea filix-mas (L.) C.Presl
- Lastrea officinalis Bubani
- Nephrodium filix-mas var. crenatum (Milde) Rouy & Foucaud
- Nephrodium filix-mas var. deorsolobatum T.Moore
- Nephrodium filix-mas var. genuinum
- Nephrodium filix-mas (L.) Strempel
- Polypodium filix-mas L.
- Polystichum cristatum auct.
- Polystichum filix-mas var. abbreviatum auct.
- Polystichum filix-mas var. crenatum (Milde) Trevis.
- Polystichum filix-mas var. deorsolobatum (T. Moore) Rey-Pailh.
- Polystichum filix-mas (L.) Roth
- Tectaria filix-mas (L.) Cav.
Notas [editar]
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?14724 (18 feb 2008)