Fentalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fentalla
Polystichum setiferum0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Polypodiales
Familia: Dryopteridaceae
Xénero: 'Polystichum'
Especie: ''P. setiferum''
Nome binomial
''Polystichum setiferum''
(Forssk.) Woynar

A fentalla[1] (Polystichum setiferum) é un fento nativo do sur e o oeste de Europa. É máis abondoso en Irlanda, suroeste da Gran Bretaña, oeste de Francia e noroeste da Península Ibérica, onde se combinan invernos suaves e veráns temperados, aínda que tamén aparece puntualmente no norte e noreste de Escocia e leste de Crimea e Turquía; na rexión Mediterránea adoita medrar en cotas altas. Medra en bosques sombrizos e húmidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

As frondes, de cor verde brillante miden 30-120 cm de lonxitude. Xeralmente son caídas e polo xeral nun número de 4-10 follas nunha planta madura. As follas son de textura suave, bipinnadas (pinadas en plantas novas). Cada pinna mide de 4 a 14 cm de longo, cunha gran pínnula apuntada cara arriba na base e as outras pínulas diminuíndo de tamaño dende a base. As frondes individuais viven de 9 a 15 meses e permanecen unidos ao rizoma después de murchar. Os soros ocupan dúas fileiras a ambos os dous lados da nervadura central de cada pínula e están cubertos por un insidio tipo paraugas agarrado polo centro cos bordos serrados. Producen esporas amarelas claras.

Usos[editar | editar a fonte]

Adóitase utilizar coma planta ornamental en xardíns. Existen varios cultivares cultivados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome común galego en MiniAtlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=polystichum

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fentalla