Felipe Lazcano Morales de Setién

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Felipe Lazcano y Morales de Setién»)
Infotaula de personaFelipe Lazcano Morales de Setién

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Felipe Lazcano y Morales de Setién Editar o valor em Wikidata
1868 Editar o valor em Wikidata
La Almunia de Doña Godina, España Editar o valor em Wikidata
Morte1951 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónempresario , político , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Felipe Lazcano Morales de Setién, nado en La Almunia de Doña Godina (Zaragoza) en 1868 e finado en Madrid o 28 de novembro de 1951[1], foi un avogado, empresario, financeiro e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi membro do Partido Conservador englobado na facción dirixida por Juan de la Cierva Peñafiel (ciervistas), coa que foi elixido deputado polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado Director Xeral de Montes, Caza e Pesca por Dámaso Berenguer.

Despois da desfeita do seu partido ao proclamarse a Segunda República Española, achegase aos agraristas, sendo elixido deputado pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes de 1933 pola CEDA con Luis Rodríguez de Viguri; ambos, xunto ao republicano independente Manuel Saco Rivera, formaron parte da Minoría Agraria. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse polo Partido Agrario Español, pero non foi elixido. Foi executivo do Banco Central (1938-1939)[2].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefina Rengifo Tercero e foi pai de Felipe, Pablo, Bernardo, José Antonio, Manuel, Adela e Carlos Lazcano Rengifo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]