Felipe Fernández-Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felipe Fernández-Armesto
Nacemento1950
Lugar de nacementoLondres
NacionalidadeReino Unido
Alma máterMagdalen College e Universidade de Salamanca
Ocupaciónhistoriador, catedrático e profesor universitario
PaiAugusto Assía
FillosSebastian Armesto
PremiosGran Cruz de Afonso X o Sabio e Caird Medal
Na rede
Dialnet: 1871155
editar datos en Wikidata ]

Felipe Fermín Ricardo Fernández-Armesto, coñecido como Felipe Fernández-Armesto, nado en Londres en 1950, é un historiador británico de orixe galega, autor de varias obras moi populares de historia revisionista.

É fillo do periodista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía) e da xornalista inglesa Betty Millian de Fernández-Armesto, que foi cofundadora e editora de The Diplomatist, diario interno do corpo diplomático acreditado en Londres.

Está casado con Lesley Patricia Hook, da que ten dous fillos, Federico David Fermín Arturo e Sebastian Felipe Xavier, coñecido como Sebastian Armesto.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos na Universidade de Salamanca a finais dos anos 1960, trasladándose despois á de Oxford,[2] onde obtén o título de Doutor en Historia e onde desenvolveu gran parte da súa carreira profesional. Pero tamñén foi profesor en varias universidades e institutos de investigación en Europa e América, impartindo clases na Universidade de Londres (Queen Mary College), na Universidade Tufts de Massachusetts, e nas de Yale, Columbia e Cambridge.[1]

En 1982 publicou The Canary Islands after the Conquest: The Making of a Colonial Society in the Early Sixteenth Century ("Canarias despois da conquista: a construción dunha sociedade colonial a comezos do século XVI"), estudo do primeiro asentamento europeo nas illas, que constituíu a súa tese de doutoramento.[2]

E en 1987, Before Columbus: Exploration and Colonization from the Mediterranean to the Atlantic 1229-1492 ("Antes de Colón: exploración e colonización do Mediterráneo até o Atlántico 1229-1492"), un estudo da primeira fase do imperialismo europeo cando os europeos deixaron o Mediterráneo e colonizaron as illas ao longo da costa noroeste de África.

Con estas dúas obras comezou unha vasta serie de libros e artigos, algúns traducidos a vinte e tres idiomas, entre os que destacan os títulos Columbus (1992), Millennium (1995), Civilizations (2002), Barcelona: mil anos de historia (2006) e Pathfinders: a Global History of Exploration (2006), até a máis recente, Our America: A Hispanic History of the United States (2014).

Desde setembro de 2005 até 2009 exerceu a cátedra Príncipe de Asturias da Universidade Tufts, en Boston (Massachusetts, Estados Unidos de América). En 2009 incorporouse ao departamento de historia da Universidade de Notre Dame (Indiana, Estados Unidos de América).

Fernández-Armesto gañou a atención dos medios en 2007 pola súa denuncia contra cinco policías en Atlanta, Xeorxia, de presunto embrutecemento pola súa detención por facer jaywalking (cruzamento peonil ilegal ou imprudente dunha estrada).[3][4]

É membro do Athenaeum Club (London), da Hakluyt Society e da Royal Historical Society.[1]

Principais obras[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]

As súas principais publicacións son:[1]

  • 1974 - Columbus: And the Conquest of the Impossible (Colón: e a conquista do imposíbel). 2ª ed. do ano 2000. New Haven, CT, USA: Phoenix Pres. ISBN 978-1-84212-084-2. Resumo (en inglés)
  • 1982 - Sadat and His Statecraft (Sadat e a súa arte de gobernar). Oxford: Kensal Press; 2ª ed. en 1983. ISBN 978-0-946041-14-5.
  • 1982 - The Canary Islands After the Conquest: The Making of a Colonial Society in the Early Sixteenth Century (As illas Canarias despois da conquista: a creación dunha sociedade colonial a principios do século XVI). Oxford (UK): Clarendon Press / Nova York (USA): Oxford University Press. ISBN 978-0-19-821888-3.
  • 1988 - The Spanish Armada: The Experience of War in 1588 (A Armada invencíbel: a experiencia da guerra en 1588). Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-822926-1. Sinopse (en inglés)
  • 1991 - Columbus (Colón). Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-215898-7. Sinopse (en inglés)
  • 1991 - Ferdinand and Isabella (Fernando e Isabel). Nova York: Hippocrene Books Inc. ISBN 978-0-88029-744-8.
  • 1992 - Barcelona: A Thousand Years of the City's Past (Barcelona: mil anos de historia da cidade). Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-285273-1.
  • 1995 - Millennium: A History of Our Last Thousand Years (Milenio: historia dos últimos mil anos). Nova York: Scribner. ISBN 978-0-684-82536-6. Recensión por Michael J. Edelman. (en inglés) Recensión por William Hardy McNeill en Journal of World History 8 (1): 166-168. (en inglés) Recensión en Seanchas Ardmhacha: Journal of the Armagh Diocesan Historical Society Vol. 17, No. 1 (1996-97), pp. 248–251. (en inglés)
  • 1997 - Before Columbus: Exploration and Colonization from the Mediterranean to the Atlantic, 1229-1492 (Antes de Colón: exploración e colonización do Mediterráneo ao Atlántico, 1229-1492). Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-1412-3.
  • 2000 - Truth: A History and Guide for the Perplexed (A verdade: historia e guía para perplexos). Londres: St. Martin's Griffin. ISBN 978-0-312-27494-8.
  • 2000 - Civilizations: Culture, Ambition, and the Transformation of Nature (Civilizacións: cultura, ambición e transformación da natureza). Nova York: The Free Press. ISBN 978-0-7432-0249-7. Ampla recensión en The Guardian (en inglés). Hunters, Gatherers, Fixers - Classifying civilization by the ways in which we alter our environment (Cazadores, recolectores, fabricantes de utensilios - Clasificación das civilizacións segundo a maneira en que alteran o medio ambiente). Ampla recensión por J. R. McNeill, da Universidade de Georgetown. (en inglés)
  • 2001 - Food: A History (A comida: unha historia). Londres: Pan Books. ISBN 978-0-330-49144-0. Sinopse (en inglés)
  • 2003 - The Americas: A Hemispheric History (As Américas: unha historia hemisférica). Modern Library. ISBN 978-0-8129-7554-3. Sinopse (en inglés)
  • 2003 - Ideas That Changed the World (Ideas que cambiaron o mundo). Londres: Dorling Kindersley. ISBN 978-0-7894-9609-6. Sinopse
  • 2004 - Humankind: A Brief History (A humanidade: unha breve historia). New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280575-1. Resumo (en inglés)
  • 2005 - So You Think You're Human?: A Brief History of Humankind (Así que cres que es humano?: unha breve historia da humanidade). Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280417-4. Lectura parcial (en inglés)
  • 2006 - Pathfinders: A Global History of Exploration (Os conquistadores do horizonte: historia mundial da exploración). Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-33091-5.
  • 2006 - Amerigo: The Man Who Gave His Name to America (Amerigo: o home que deu o seu nome a América). Random House. ISBN 978-0-8129-7298-6. Sinopse (en inglés)
  • 2006 - The World: A History. Combined Volume (O Mundo: Historia. Volume combinado). Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall. ISBN 978-0-205-75930-9.
  • 2009 - 1492: The Year Our World Began (1942: O ano en que comezou o noso mundo). Nova York: HarperOne. ISBN 978-0-06-113228-5.
  • 2014 - Our America: A Hispanic History of the United States (A nosa América: historia hispánica dos Estados Unidos). Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-34982-5. Sinopse (en inglés) / Remapping the Territory - 'Our America' Recensión por Julio Ortega en The New York Times, JAN. 17, 2014. (en inglés) / A Spanish-speakers' view of 'Our America' Recensión por Hector Tobar en Los Angeles Times, 10 de xaneiro de 2014. (en inglés)
En colaboración
  • 1996 - Reformation: Christianity and the World, 1500-2000 (A Reforma: a cristiandade e o mundo). Nova York: Bantam Press. ISBN 978-0-593-02749-3. (Con Derek Wilson). Recensión de Francis Golding, Secretario de ICOMOS UK – The International Council on Monuments and Sites, en History Today. (en inglés)
  • 2005 - The Malaspina Expedition 1789-1794: Manila to Cadiz v. 3: The Journal of the Voyage by Alejandro Malaspina. (La expedición Malaspina 1789-1794: de Manila a Cádiz. Vol. 3: O diario de viaxe de Alejandro Malaspina). Redactores: Andrew David, Felipe Fernández-Armesto, Carlos Novi, Glyndwr Williams; traductora: Sylvia Jamieson. Londres: Hakluyt Society. ISBN 978-0-904180-84-8.
Como editor
  • 1992-2002 - A History of England. 12 volumes. Londres: Folio Society. (o Volume 12, England 1945-2000, é da autoría de F. Fernández-Armesto).
  • 1994 - Times Guide to the Peoples of Europe: The Essential Handbook to Europe's Tribes. Nova York: Times Books. ISBN 978-0-7230-0624-4.

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Entre outras distincións, Fernández-Armesto foi galardoado coa medalla John Carter Brown, a medalla Caird do Museo Marítimo Nacional do Reino Unido, e a medalla do tricentenario da Sociedade de Anticuarios de Londres.

Ademais, recibiu o Premio Nacional de Investigación da Sociedade Xeográfica Española, o Premio Nacional de Gastronomía da Real Academia de Gastronomía de España polo libro Historia de la comida, e o premio da World History Association Book Prize polo libro Pathfinders: a Global History of Exploration (2007).

No ano 2008 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade dos Andes (Bogotá, Colombia).

Desde o 7 de outubro de 2016 é Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio (Reino de España).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Felipe Fernández-Armesto.
  2. 2,0 2,1 Felipe Fernández-Armesto (primavera do 2004). Felipe Fernandez-Armesto. The Mind's Construction Quarterly — TMCQ (en inglés). Entrevista con Neil Scott. I was a bit baffled when I came back to this country. I had seen a situation of real repression, in a terribly authoritarian university where you weren’t encouraged to think. I was baffled at Oxford, where it was liberal and relaxed, and where people were fighting for their ‘human rights’ .
  3. History News Network video interview with Professor Fernández-Armesto Describe a súa detención por cruzar a rúa entre os hoteis Hilton e Hyatt en Atlanta, en xaneiro de 2007.
  4. Daily Mail: 'I was grabbed and thrown in U.S. jail for crossing road' (Agarrárnome e botáronme nunha cárcere dos EU.UU. por cruzar unha rúa)
  5. "Real Decreto 364/2016, de 7 de octubre, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio al señor Felipe Fernández-Armesto" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 8-10-2016. Consultado o 12-7-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]